Movementos na dirección do PSOE de Lugo

O presidente da Deputación de Lugo propón a Álvaro Santos para a Secretaría Provincial do PSOE lucense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2017 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

A elección de Pedro Sánchez como secretario xeral do PSOE desatou movementos en moitas agrupacións socialistas. A provincial de Lugo, presidida en funcións polo exenadro Luís Ángel Lago Lage está pendente de renovación. E o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, asegurou este mércores que xa ten un candidato. Trataríase do portavoz provincial e exvicepresidente da institución, Álvaro Santos.

Álvaro Santos
Álvaro Santos

Deste xeito, Campos descártase para liderar aos socialistas da provincia e tamén en Galicia. "Non grazas", chanceou. "Hai unha persoa coa que falei e propúxenllo, que é Álvaro Santos, pero aínda non me contestou", afirmou.

"Eu creo que é unha persoa implicada, que ten un proxecto de provincia e vou apoiarlle e tratar de convencelo", destacou respecto diso Darío Campos.

Así mesmo, comentou que Santos "estará a esperar acontecementos, como vai a nivel nacional e galego". "Considero que é a persoa para ser secretario provincial e apoiareino se mo pide e estaremos xuntos para unir á provincia e traballar nese sentido de unión de esforzo e traballar para os cidadáns", destacou. "O Partido Socialista é un partido que sempre estivo pegado á xente e que debemos seguir aí", abundou.

Sobre o ámbito autonómico, Campos puxo de manifesto que "non" ten a ninguén "na cabeza", aínda que confía en que o congreso na Comunidade galega "sexa non tardando moito". "Porque temos unhas municipais practicamente ao virar a esquina e é importante que se elixa un secretario xeral en Galicia para todos traballar ao redor de quen salga elixido", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta