Medra a marea na provincia de Ourense co nacemento de En Marea Laza

Nas últimas semanas tamén se constiturión mareas en Pontecaldelas, Montederramo, Parada do Sil, Chandrexa de Queixa, A Teixeira e Castro Caldelas. 

Por Galicia Confidencial | Ourense | 18/06/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

En Marea segue crecendo en Ourense. Este venres nacía En Marea Laza nun acto que contou coa participación do deputado de En Marea no Parlamento Galego, Davide Rodríguez.

Constitución de En Marea Laza
Constitución de En Marea Laza

A nova formación agarda sumar forzas para rematar con máis de 30 anos de goberno do PP no seu concello, “traballando parroquia a parroquia, pobo a pobo, facendo camiño cara o cambio político en Laza”.

"Este goberno do Partido Popular precisa ser consciente da realidade do noso Concello e da nosa comarca, un concello que se desangra poboacionalmente e sen oportunidades económicas e laborais”, denunciou Jorge Lorenzo, veciño de Laza e integrante da candidatura de En Marea nas pasadas eleccións á Xunta de Galicia.

Pola súa banda, o deputado Davide Rodríguez sinalou que "Feijoo debe cumplir a súa promesa cos galegos e galegas e non pode mirar cara outro lado". Ademáis, destacou o compromiso de En Marea co futuro no rural. Neste camiño, dixo, é preciso "achegar En Marea aos concellos e dar voz a veciños e veciñas para que construan unha alternativa política a nivel local, pero tamén para que contribuan nunha alternativa de País".

A de Laza é a sexta marea constituída en Ourense nas últimas semanas, logo das de Montederramo, Parada do Sil, Chandrexa de Queixa, A Teixeira e Castro Caldelas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Outra vez Suso Seixo

O izda e o nacionalismo galego está nunha encrucillada. Por un lado vemos aos tres alcaldes tentando controlar a En marea, moi democrático por certo é por outro lado a CIG controlando o aparato político que neste caso é o BNG. Estamosche ben fodidos os que puxemos a nosa persoa e o noso nome na defensa dunhos valores e ideais. Os nosos líderes non están a altura dos seus votantes e simpatizantes e do pobo galego. Impresentables aburguesados

1 CriticarPorCriticar

Preséntate ti. Falo a serio. Igual que de líderes "pouco dignos" nas vilas e nas aldeas temos sempre un exército de hipercríticos que só botan a língua a pacer para sinalar que todo está mal xa de saída. Nunca críticas concretas, nunca alternativas, só lerchear e aburrir. Uns son malísimos e traidores e "el pueeeblo" aí o está, sufrido e inmaculado. Na necesidade de pensar a esquerda de novo tamén haberá que revisar o voso papel, pendancos.

2 non son de PP-ableiras

estómagos agradecidos... xente caída en podreiros... mais e mais sinvergonzonería contra a patria galega, pero o pobo xa esta despertando, xa ve o que a golferancia de podreiros, xa ve as miserias do AGE putrefacto, ata o mesmo -Vieiras dixo que naceran da putrefacción do AGE e que agora e o chamado podreiros, os alcalduchos de mareas non funciona ningún teñen a xente na porquería CORUÑOS, HIERROL, SANTI-AGE DE COMPOÑENDAS, son xa nomes que refiren a gran traizon contra o pobo galego...

1 Fedello

Trabalhando para os spam-hois