Temas: GOLF

As licenzas de golf en Galicia levan baixando desde 2007, pese o apoio da Xunta a este deporte

Turismo de Galicia destinou xa centos de miles de euros a torneos de golf para “atraer turistas”, aínda que este deporte perdeu máis de 2.000 federados en dez anos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/07/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Galicia conta na actualidade con 10.469 licenzas de golf. Un número que leva dez anos descendendo continuadamente, pese os investimentos da Xunta en potenciar os torneos deste deporte para atraer, supostamente, turistas.

Golfista nun campo de golf
Golfista nun campo de golf

Así, segundo a Real Federación Española de Golf as licencias para este deporte descenderon en máis de 2.000 desde o 2010, ano no que chegou ao seu número máximo, con 12.758. A partir de entón foron baixando paseniñamente; 12.617 en 2011, 12.433 en 2012, 11.966 en 2013, 11.196 en 2014, 10.776 en 2015 e 10.588 en 2016. Hai que remontarse a 2007 para ter uns números semellantes aos actuais. Ese ano as licenzas foron 10.821 fronte as 10.256 do ano anterior.

Con todo, a práctica deste deporte está sendo moi subvencionada polo Goberno galego. Así, ademais das axudas que xa recibe a federación de Golf, a Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, ten destinados centos de miles de euros a financiar varios torneos deste deporte, entre eles o “Ponte de Agosto” de Mondariz, o Torneo Peregrinación de golf ou o Circuito de Golf Sénior.

Precisamente, Turismo de Galicia aumentou o orzamento deste último torneo en 2017 ata os 58.000 euros sen IVE, a pesar de que Galicia situouse o pasado ano entre as catro autonomías españolas que acumularon un decrecimiento das licenzas de golf, un 1,1% menos.

Actualmente, as licenzas deportivas máis numerosas en Galicia son as de fútbol, con máis de 62.000. Síguenlle a caza, con 20.000; o baloncesto, con máis de 15.000 e o golf, con pouco máis de 10.000. Un posto que podería perder en breve dado o aumento das licenzas de balomán, un deporte que xa está preto dos 10.000 federados.

Temas: GOLF
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 golfiño merendiño

Novo ataque paleto e troll ao golfe. As licenzas de tódolos deportes levan baixando desde 2007. A crise está a matar a clase media. O golfe é un deporte, punto. Os pelotazos urbanísticos aproveitan o golfe ou o fútbol ou a sanidade ou calquea cousa para os seus delictos. Di SI AO GOLFE e non á especulación inmobiliaria. Por certo, para pelotazos urbanísticos, o que querían dar en Cabral suprimindo o campo de golfe do Aeroclub por un centro comercial. Por último, quen axudou máis ao golfe en Galicia foi o bipartito. Revisen hemerotecas. Recoñecido polo presidente da FGF

1 VILLANO vs VIEIRAS

non vos enterades de nada meus... detrás do campo de golf non esta un-ha pelotita sinon un pelotazo urbanístico...