Periodista Digital acusa a blogueiros galegos de “ameazar” ao Papa

Ao fío das polémicas pegatinas que comezan a agromar nas rúas de Compostela.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/08/2010 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

None

O diario electrónico Periodista Digital, cunha liña editorial moi próxima á dereita máis centralista, acusa aos blogueiros composteláns de opachavales.com de “ameazar a visita do Papa”.

O motivo da polémica son as pegatinas coa imaxe de Ali Agca, o cidadán turco que atentou contra Xoán Pablo II en Roma, deseñadas polos blogueiros e cada vez máis frecuentes nas rúas e bares composteláns.

Ao entender de Periodista Digital “se refleja una posible amenaza ante su próxima visita a Santiago”. Cómpre ter en conta, en todo caso, o evidente ton retranqueiro da totalidade de opachavales.com.

A Xunta estimou en catro millóns o gasto da visita do líder relixioso, pero entende que o beneficio económico para promocionar a imaxe do país é maior. A metade deses cartos, 2 millóns, gastaraos a CRTVG en contratar os medios para que a sinal de televisión se poida seguir en directo por todo o mundo.

O goberno prepara un macrocongreso de grandes empresarios arpoveitando a presenza do Papá. Un dos asistentes será Josep Piqué, amigo de Alberto Nuñez Feijoo, e presidente de Vueling.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

20 FldreFUYmG

p99oIs , [url= http://zuurnqbssygf.com/]zuurnqbssygf[/url], [link= http://dcpxgotisvjn.com/]dcpxgotisvjn[/link], http://umvlzuzfdawe.com/

19 Fouce

No caso do" periodista digital" ven moi ó caso o dito: É mellor estar calado e parecer parvo, que abri-la boca e demostralo. Se o papa quere turismo que o pague do seu voluminoso peto e que non amole ( con j) O ruiín eu

18 Xan do Muíño

O Papa que vaia rascar a cona!. Fora da Galiza e tamén si home si e os opusdeistas. Moi ben FENDETESTAS

17 Golum

HOxe souben que Golum, na súa próxima visita a Galicia, dirá unhas verbas en galego. Quizais diga: "miña xoia, meu tesouro", en troques de dicir: "arrepíntome de seren impío, como toda a Igrexa Católica e estou disposto a arrastrarme como verme que son polo chan, implorando perdón por dous mil anos de delictos continuados contra a raza humana".

16 Berto

Periodista Digital desactivou os comentarios na súa páxina princial e no "suplemento" galego? Se é así por que o fixeron: estaban recibindo moitos comentarios que os deixaban como o que son (uns auténticos manipuladores ignorantes) ou xa chegou ao xulgado algunha denuncia por "noticias" como a de Mundogaliza? A ver se nos podedes comentar algo dende GC.