Periodista Digital acusa a blogueiros galegos de “ameazar” ao Papa

Ao fío das polémicas pegatinas que comezan a agromar nas rúas de Compostela.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/08/2010 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

None

O diario electrónico Periodista Digital, cunha liña editorial moi próxima á dereita máis centralista, acusa aos blogueiros composteláns de opachavales.com de “ameazar a visita do Papa”.

O motivo da polémica son as pegatinas coa imaxe de Ali Agca, o cidadán turco que atentou contra Xoán Pablo II en Roma, deseñadas polos blogueiros e cada vez máis frecuentes nas rúas e bares composteláns.

Ao entender de Periodista Digital “se refleja una posible amenaza ante su próxima visita a Santiago”. Cómpre ter en conta, en todo caso, o evidente ton retranqueiro da totalidade de opachavales.com.

A Xunta estimou en catro millóns o gasto da visita do líder relixioso, pero entende que o beneficio económico para promocionar a imaxe do país é maior. A metade deses cartos, 2 millóns, gastaraos a CRTVG en contratar os medios para que a sinal de televisión se poida seguir en directo por todo o mundo.

O goberno prepara un macrocongreso de grandes empresarios arpoveitando a presenza do Papá. Un dos asistentes será Josep Piqué, amigo de Alberto Nuñez Feijoo, e presidente de Vueling.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

10 eumesmo

Nom lhes deades mais publicidade a estes provocadores!. Refiro-me aos ultradeitistas do jornal esse... É o modelo intereconomia, provocar, provocar, provocar, confundir, ceibar merda, etc... Nem puto caso!

9 anatema

eu quedo que Golum sente no seu colo ó conselleiro de Escultura de Galisia, a ver que pazza, e que Ronco grave un vidrio porno con Cañisares.

1 j. coen

Rouco Siffredi, dis?

2 anatema

si, ese mesmo, o cardeal Ronco Siffredi.

8 xoan

E simpático!!! Que ten de malo que o espere un amigo. Jajajajaja Este periodico con estas noticias ten un futuro ven curtido. jajajajaja

7 Roberlus

Non sei como lles chaman curas se son a mesma enfermedad! Eso si os nenos na casa non se vaian a poñer quentes estos pederastas.

6 Tor

A quen lle imorta o que acusedes vos. Aprendede primeiro a escribir e logo falades. Vaia noticia tan mala. Acusade os de cultura por poner nos seus carteis de concertos " Mais por confirmar" eso quere decir que non fixeron o seu traballo ou polo menos non lle pagaron a alguen para que o fixese. Eso si Ali Agca xa esta confirmado para a visita do Papanatas.