Periodista Digital acusa a blogueiros galegos de “ameazar” ao Papa

Ao fío das polémicas pegatinas que comezan a agromar nas rúas de Compostela.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/08/2010 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

None

O diario electrónico Periodista Digital, cunha liña editorial moi próxima á dereita máis centralista, acusa aos blogueiros composteláns de opachavales.com de “ameazar a visita do Papa”.

O motivo da polémica son as pegatinas coa imaxe de Ali Agca, o cidadán turco que atentou contra Xoán Pablo II en Roma, deseñadas polos blogueiros e cada vez máis frecuentes nas rúas e bares composteláns.

Ao entender de Periodista Digital “se refleja una posible amenaza ante su próxima visita a Santiago”. Cómpre ter en conta, en todo caso, o evidente ton retranqueiro da totalidade de opachavales.com.

A Xunta estimou en catro millóns o gasto da visita do líder relixioso, pero entende que o beneficio económico para promocionar a imaxe do país é maior. A metade deses cartos, 2 millóns, gastaraos a CRTVG en contratar os medios para que a sinal de televisión se poida seguir en directo por todo o mundo.

O goberno prepara un macrocongreso de grandes empresarios arpoveitando a presenza do Papá. Un dos asistentes será Josep Piqué, amigo de Alberto Nuñez Feijoo, e presidente de Vueling.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

5 urbi et orbi

que unha pegatina diga que Memet Ali Agka agarda ó Sumo Pontifice non debería de seren negativa, non si? Acaso (Me,me,mé uló? Alí, Aggg caca) non foi visitado polo anterior e amantísimo representante de Deus na súa cadea, sendo perdoado e reconvertido á verdadeira relixión? Que malos sondes algúns!! Arrepentídevos, Golum acércase!! Mi tezzzzoroooooooo!! Vivan os friquis (refírome ó Papa e non ós da pegatina).

4 Picholas

Pois eu teño moitas ganas de falar co Papa,dende pequeniño sempre quixen preguntarlle se a (MANZANA)de Adán e Eva era (tabardilla)ou mazá agustina, baionesa, bicuda, bondo, branca, brava, buxía, camoesa, común, cunqueira, da fada, de canela, de espiño, de inverno, de laranxa, de rato, de San Pedro, de San Xoan, esprego, francesa, melapia, peraza, pero, peruco, portuguesa, príncipe, redonda, reineta, repinalda, sontiloria, xoaneira, xoaniña, verdella......Tamén lle preguntaría polo conto da Paloma de los cojo....pero....

1 Coira

Postos a preguntarlle,preguntalle se lle deu polo cú algún meniño.

3 Mestres

Tenhem a gracia no cu (uns e outros)

2 Manolo

Vaya por Dios. Ahora ya le vais a dar el palo a Periodista Digital por constatar lo evidente, que además resulta de una grosería negra. Imaginemos que la pegatina con ligeros retoques estuviera dirigida a alguno de vuestros santones: Beiras, Quintana, Fidel Castro o el Che Guevara. Seguro que os hacía mucha gracia.

1 Tod@s somos Ali

Aúpa a grosería negra!! Non Paparán!!!

2 +galego

relixión católica é un cancro para esta sociedade

1 un calquera

Veño de ver o blog onde está a pegata. É todo unha carallada, políticamente incorrecta vale¡, pero unha carallada. Asínque non lle demos máis voltas ó tema. Que é de mal gusto?, e logo non é de mal gusto tamén ter un papa que foi membro das xuventudes hitlerianas?. "En opachavales estamos en contra de las visitas del Papa por ser feo, por dar malos consejos a los pobres africanos y por suplantar a Juan Pablo II: el único pápa que existió. Así que para recibir al Raztinger éste, preparamos nuestra pegatina de turno: “yo sí te espero”. Y para darle una gran bienvenida pusimos en la pegata al mítico “Hemet ali agca”, que atentó contra Juan Pablo II en los 80, e inventó el papamóvil como quien dice."