Feijóo rexeita o diálogo de Puigdemont e defende a activación do artigo 155

O presidente galego descualifica a proposta do president catalán e di que é unha “farsa e unha chantaxe”, e que “ademais de dividir España, dividiu o independentismo”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 11/10/2017 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

Alberto Núñez Feijóo non está polo diálogo coas autoridades de Cataluña, nin co seu presidente, Carles Puigdemont, que este martes anunciaba a declaración dunha República Catalá que logo deixaba en suspenso para dialogar co Estado e “rebaixar a tensión”. “Por que hai que dialogar cando non hai interese por facelo e cando ese diálogo é unha chantaxe?”, suliñou o presidente da Xunta que se amosou favorable a activar o artigo 155, tal e como fixo o Goberno central.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo

Preguntado por GC na rolda de prensa posterior a Consello da Xunta, Feijóo foi contundente: “Existe unha maior farsa que dicir unha cousa e logo facer completamente a contraria?”, preguntouse ao destacar que a oferta de diálogo e a suposta declaración de independencia foi unha “farsa” feita “de costas á Cámara”. “Non é serio nin el, nin o que propón”, insistiu.

Neste sentido, considerou lóxico que se activen os pasos previso á aplicación do artigo 155 da Constitución Española en Cataluña, que é un requerimento ao Goberno e o Parlament catalan para que aclaren se se declarou ou non a independencia e actuar, así, en consecuencia. “O que fixo foi dividir aos cidadáns cataláns, aos españois e agora tamén ao independentismo... Por iso terá que asumir responsabilidades”, indicou.

Fixo unha lei chapuceira, un referendo chapuceiro e unha declaración de independencia chapuceira”, suliñou ao resaltar que o obxectivo final de Puigdemont non é “a nación catalá”, senón “perpetuarse no poder e estafar ao pobo”.  De feito, considerou que as autoridades catalás están levando ao empobrecemento, á “humillación” e á división de Cataluña e de España. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

7 Porreiro

Este acabará a súa "brillantísima" carreira política como Delegado del Gobierno en...

6 Yaestabien

Feijóo no eres más ton to porque no entrenas

5 vostrus

Pero este cosmopaleto pensa que a súa opinión importa a alguén?

4 XanKaraLlás

Eu sempre digo o mesmo: se queremos limpar a mer da no goberno temos primeiro que desasnar e desenmerdar os presuntos homo sapiens que se achegan ás urnas para que depositen votos intelixentes e non substancias fétidas.

1 Compostaxe aberta

E ti que es intelixente ou fétido? Porque polas tuas verbas denotas falta de aseo...

3 Anti...

O narigudo dos Peares, non te esgotes de máis, endexamais serás presidente do Pepe e tampouco do goberno de Madrid. Procura voma tua irmá un posto bon nunha empresa que teñades a mao o outro xamais che chegará .