Por Galicia Confidencial | Lugo | 23/11/2017 | Actualizada ás 22:35
Lugo acollerá este domingo un encontro de rugby feminino entre Galicia e Aragón que terá lugar, a partir das 13:00 horas, no Estadio Gregorio Pérez Rivera, correspondente á terceira xornada do Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
O Goberno da Deputación de Lugo colabora coa Federación Galega de Rugby na celebración deste evento co obxectivo de promover o deporte feminino na provincia de Lugo. Durante a presentación deste partido, o deputado de Deportes, Pablo Rivera destacou a aposta que fai esta institución polo rugby e polo deporte feminino.
“Colaboramos con clubs como o Muralla que está a facer un traballo importante e cunha longa tradición na provincia de Lugo”, lembrou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.