Barreiro Rivas, de mitin co PPdeG 30 anos despois de apoiar a moción de censura de González Laxe

Quen foi vicepresidente da Xunta, e hoxe editorialista de La Voz de Galicia, participou nun acto de Novas Xeracións no que se criticou duramente o nacionalismo e a actual situación de Cataluña e no que participaron Ana Pastor, Alfonso Rueda, Ángeles Vázquez, Román Rodríguez, Pedro Puy e Miguel Tellado. Os mozos populares acabaron cunha práctica de airsoft, un xogo de estratexia militar.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/11/2017 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A vida política de Xosé Luis Barreiro Rivas dá para un guión cinematográfico. Quen foi vicepresidente da Xunta con Albor, do PP, e vicepresidente con Fernando González Laxe, do PSOE; acusado logo de tránsfuga, inhabilitado polo Tribunal Supremo e o Constitucional, próximo no seu día ao BNG de Anxo Quintana e unha dos principais editorialistas de La Voz de Galicia, volve ás súas orixes políticas.

José Luis Barreiro, Mariano Rajoy e Santiago Rey
José Luis Barreiro, Mariano Rajoy e Santiago Rey | Fonte: lamoncloa.es

Xa hai un tempo que GC xa falara , nun acto organizado por La Voz de Galicia, da aproximación de Barreiro Rivas ao Partido Popular e a Mariano Rajoy, íntimos inimigos nos anos 80, pero esta aproximación estase facendo máis evidente nos últimos tempos. O último xesto desta nova aproximación do profesor da USC ao PPdeG tivo lugar o pasado 12 de novembro, nun acto de Novas Xeracións.

Segundo fontes consultadas por este medio, Barreiro Rivas participou  nun acto político dos mozos populares que estivo moderado por Diego Gago, presidente de Nuevas Generaciones, e no que tamén compartiu espazo co voceiro parlamentario do PPdeG no Parlamento e tamén profesor universitario, Pedro Puy. Un debate que estivo centrado en Cataluña e no que o ex político fixo unha fechada defensa da españolidade desta autonomía e critico duramente ao Govern cesado da Generalitat.

De feito, esas xornadas tiveron a Cataluña como principal protagonista. Irene Pardo (Novas Xeracións de Lleida), Carlos Artola (estudante) e Adrián Prado (presidente de NN XX de Galicia) participaron, previamente, na mesa “Cataluña: unha sociedade fracturada?”.  As actividades foron clausuradas por Ana Pastor, presidenta do Congreso dos Deputados; o presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, cuxa presenza estaba anunciada para a clausura.

CATALUÑA E AIRSOFT

O acto tivo lugar no Albergue Vicente Agulló de Lalín que acolleu a Escola de Formación de Novas Xeracións de Pontevedra. Pero nas xornadas non estaba anunciada a presenza de Barreiro Rivas, pero si a da conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez; o portavoz do PP lalinense, José Crespo, e o secretario xeral do PPdG, Miguel Tellado con quen os mozos de NN.XX. Realizaron varias actividades que incluíron, tamén, unha visita á cooperativa de Gresande e a unha explotación de vacún.

Barreiro Rivas, con Diego Gago; presidente de Nuevas Generaciones e Pedro Puy
Barreiro Rivas, con Diego Gago; presidente de Nuevas Generaciones e Pedro Puy

Durante esa actividade, Tellado lembroulles aos militantes do PPdeG que “sexan conscientes do que ocorre en Cataluña”. O programa tamén contou cunha visita a unha fábrica de queixos e unha práctica de iniciación ao airsoft, unha actividade lúdico-deportiva de estratexia baseada en estratrexias militares e nas que se xoga con armas de guerra simuladas. 

BARREIRO RIVAS

Foi deputado por Alianza Popular no Parlamento de Galicia (1981–1987), conselleiro da Presidencia (1982–1986) e home forte do goberno galego durante a presidencia de Xerardo Fernández Albor. O 30 de outubro de 1986 tentou provocar a dimisión de Albor, sen conseguilo. O ex presidente galego conseguiu o apoio de Fraga e nomeou a Mariano Rajoy como vicepresidente.

Pouco despois, en 1987,con outros catro parlamentarios apoiou a moción de censura de Fernando González Laxe, de quen foi vicepresidente por Coalición Galega, pero tivo que dimitir en 1988 tras un auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que o procesaba por irregularidades na concesión da lotería autonómica. Esta sentenza foi recorrida perante o Tribunal Supremo, que en setembro de 1990 o condenou a seis anos de inhabilitación, confirmada con posterioridade polo Tribunal Constitucional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

9 bautista do unto

Barreiro Rivas, antigo MILITANTE DA UPG ¡¡¡¡

1 Xanc

Falta un pequeno detalle... Hoxe os ex-BNG aos que apoiaba Barreiro están na MareaPodemos ou piden o voto para ela. Empezo... o propio Anxo Quintana, Bascuas, Pérez Lema, López Rico, Palleiro, os imputados de Anova en Ourense Iolanda e cía... etc etc. Está ben saber e publicar todo. Antes estaban no BNG e hoxe todos na Marea de Podemos, tras as escisións post-Amio ampliamente publicitada e divulgadas por La Coz de Malicia, Galicia Confidencial e Praza. Non esquecer

2 xancinho

E os do Sermóns Paliza que din a todo isto? O que lle dicta a UPG?

3 Eu mesmo

Xanc non afirmes o que non é certo, cando menos en tres dos nomes que citas.

8 Lozano e Lores SLU

Tempos aqueles en que no BNG lle facían as beiras e lle cantaban os anxos ao ouvido, co consentimento e benia dos coroneis... E despois aínda hai quen nega que o BNG estivo e está --pois non houbo arrepentimento, desratización nin picota pública-- cheo de excrementos de ratazanas! Que algunhas ratas fuxiron para un cubil máis quente, con calefacción centralista despois de moito latricar contra tal modelo, non quita responsabilidades de todos que adoraron ao santo felón de Forcarei!

1 Xonc

Falta un pequeno detalle... Hoxe os ex-BNG aos que apoiaba Barreiro están na MareaPodemos ou piden o voto para ela. Empezo... o propio Anxo Quintana, Bascuas, Pérez Lema, López Rico, Palleiro, os imputados de Anova en Ourense Iolanda e cía... etc etc. Está ben saber e publicar todo. Antes estaban no BNG e hoxe todos na Marea de Podemos, tras as escisións post-Amio ampliamente publicitada e divulgadas por La Coz de Malicia, Galicia Confidencial e Praza. Non esquecer

2 Lozano e Lores SLU

Si, todo o que dis é certo, mais esqueces o grande detalle: a UPG consentiu, bendeciu e aplaudiu a barreiros e cómplices. Pois nada se move no BNG sen permiso da minoría maioritaria que todo o controla. Lembra, fai memoria, acariñástelos e metéstelos na cama ben abrazadiños, como tapastes no seu día a moito desviado pola graxa, polo poder e polo españolismo (lembras a Severino de Monforte, por colocar un exemplo). Caladiños, " que é dos nosos"! Logo, por favor, non presumas da decencia que non tedes!

3 La pastillita loki

Y no te dejan aparcar en la hacera loquito!

7 Anti...

Fraga xa o difiniu fai moitos anos co adxetivo" FELÓN ", e non teño máis que dicir.

6 Arquetipo

Galeguista de AP -- Partenaire Intelectual de Beiras -- Felón - Galeguista de CG - Galeguistanacionalistalight dos de Anxo Quintana -- Guionista de La Coz en tandem con Retaco Blanco Valdes -- Pseudofascista --- Españolista do PP. Vaia singradura de carota mais miserabel....acabará xurando bandeira como o Veiga.........

1 Arquetipo upj

Son moito mellores os upegallos.... Xa mercastes potas para deixar nos caixeiros se nas próximas eleccións gañan de novo os pepeiros grazas aos votos dos alineados pola represión estatal + os enchufados + paletos de aldea + felóns empresarios + fascistas retornados da emigración + fillos de papá agricultor + todos eses que desprezades continuamente? e? demócratas que sodes vós...

5 anonimo

Transfuguismo, inhabilitacións, colaboración con La Voz de Galicia, oposición a todo nacionalismo que non sexa o español, e divertimento consistente en xogos de guerra; nada novo na dereita galega...e nada que poida sorprenderme deste señor...