Cerna, a primeira formación nacionalista en condenar a decisión do TC sobre Cataluña

Consiera “inaceptábel” que impida a investidura de Puigdemont no Parlament e fala xa de situación kafkiana.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/01/2018 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

Cerna, formación integrada en En Marea, é a primeira forza do ámbito nacionalista en amosarse moi critica coa decisión adoptada polo Tribunal Constitucional (TC) en relación a sesión de investidura no Parlament de Cataluña e critica que “se rachou coa liberdade de poderes” entre o executivo, o lexislativo e o xudicial.

Comparecencia de Carles Puigdemont en Bruxelas seguida en directo dende as rúas de Barcelona
Comparecencia de Carles Puigdemont en Bruxelas seguida en directo dende as rúas de Barcelona | Fonte: Miguel Núñez.

Así, denuncia que o Tribunal Constitucional acaba de adoptar unha medida “cautelar”  -non prevista na LOTC-  pola que “limita a autonomía parlamentaria e o dereito de representación sen admitir a trámite o recurso pero si entrando a pronunciarse sobre o fondo. 

“O TC, sen admitir expresamente o recurso do goberno, pon condicións para a investidura por un Parlamento soberano dun presidente proposto regulamentariamente, exiliado político, e que se comparece persoalmente, se non llo autoriza un xuíz previa detención,  non podería ser investido. Kafka redivivo!”, ironiza. “Esta é a morte anunciada do estado de dereito, que fracasa e fracasará en Cataluña”, engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 nostrus

Cerna pode dicir misa porque a quen lle toca tomar a decision é ao TC. A única conclusión que se saca ca sua condena é que os fascistas tamén se unen e se solidarizan entre eles. Eu creo que os que lle costa adaptarse a democracia estan inhabilitados para condenar o franquismo que tanto amosan despreciar.

2 A Tahona

Os vividores Palleiro e Mario López Rico e o que lle quere dar a alcaldía de Fene ó PP

1 antivieras antipalleiros

Forman parte da marea do Podemos, polo tanto, nacionalistas españois.equidistontos.