I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil

O Concello de Pontevedra e Urco Editora convocan este certame. A obra gañadora coñecerase no Salón do Libro Infantil e Xuvenil no mes de marzo. A idea é abrir a literatura a mozos e mozas de entre 12 e 16 anos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/02/2018 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil convócase grazas á colaboración entre Urco Editora e o Concello de Pontevedra. A idea deste premio naceu hai tempo segundo di David Cortizo, un dos responsables de Urco: “Contactaramos con Pedro Ferriol, o viúvo de María Victoria Moreno para falarmos de publicar material inédito dela e tamén de crear un premio co nome da autora”. Esta idea quedara no aire ata que se lle adica o Día das Letras Galegas a Moreno. Entón é cando en Urco retoman a idea de crear un premio para literatura infantil e xuvenil.

A escritora María Victoria Moreno
A escritora María Victoria Moreno

A casualidade fixo que o Concello de Pontevedra contactase con Pedro Ferriol, quen lles comenta a idea de Urco. Tanto a editora como o organismo local chegaron a un acordo para a creación deste premio. Con este certame búscase cubrir unha franxa de idade que non estaba moi traballada, agás polo premio Raíña Lupa.

O traballo gañador darase a coñecer no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que se celebrará entre o 6 e o 29 de abril. A contía irá íntegra para a persoa que resulte premiada.

BASES

Primeira: Poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega e cunha extensión máxima de 250.000 caracteres.

Segunda: O prazo de entrega remata o día 28 de febreiro de 2018 e osorixinais deberán entregarse na sede de Urco Editora, na Rúa do Avío, 11 baixo – 15705 Compostela, por correo postal ou mensaxería, sen que consten no exterior datos identicativos da persoa autora.

Terceira: Os orixinais presentaranse en formato .PDF, gravados nun CD ou nunha memoria externa, maquetados en formato DIN-A4, en letra Times ou semellante de corpo 12 e a dobre espazo. Os orixinais irán acompañados dun sobre fechado que conterá a identidade da persoa autora (nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico) e o título definitivo da súa obra, facendo constar no exterior só o título ou lema da mesma.

Cuarta: A obra gañadora será premiada coa publicación do libro e 4.000 euros (que estarán suxeitos ás retencións fiscais pertinentes). Urco Editora, mediante contrato privado coa persoa autora, será a encargada da edición e publicación da mesma en lingua galega sendo a titular dos dereitos durante os seguintes cinco anos á concesión do premio.

Quinta: O Xurado estará composto por unha persoa representante da familia de María Victoria Moreno, unha persoa representante do Concello de Pontevedra, unha alumna ou alumno representante do IES Torrente Ballester de Pontevedra, unha persoa representante de Urco Editora e unha especialista en LIX.

Sexta: Se a calidade literaria das obras non fose estimábel, segundo o criterio do Xurado, o premio poderá declararse deserto.

Sétima: A persoa beneficiaria do premio, recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada e terá dereito a unha participación proporcional nos ingresos derivados da explotación da obra. Asemade, será convidada a formar parte do xurado na seguinte edición.

Oitava: As entidades convocantes resérvanse o dereito a publicar, xunto co fallo, os lemas dasobras nalistas cuxa publicación recomendase o Xurado, mais sen abrir a plica, para respectar así oseu anonimato. As persoas autoras das obras mencionadas que así o desexen, poderán pórse en contacto con Urco Editora para trataren o tema da publicación.

Novena: Os orixinais que non resulten premiados serán devoltos as persoas autoras dos mesmos no caso de o requiriren por escrito antes de rematar o mes seguinte á decisión do Xurado.

Décima: O fallo do Xurado terá lugar en Pontevedra durante a celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.

Undécima: A participación neste premio leva de seu a aceptación das presentes Bases, así como a decisión do Xurado, que será inapelable.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Mareadaseremareadas

Parabéns unha vez máis polo traballo ben feito en claro contraste con ordinarieces que os do re-cambio promoven coa kaltura.