Rescatada unha cría de lobo mariño en Muxía

Hai quince anos outro exemplar semellante era atopado cheo de chapapote na zona cero da catástrofe do 'Prestige'. Aquel non sobrevivíu. CEMMA agarda que a cría atopada agora sobreviva.

Por Galicia Confidencial | Muxía | 19/02/2018 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

Un novo lobo mariño foi rescatado esta fin de semana en Muxía por responsables da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA). Un rescate que coincide co que aconteceu na mesma zona hai quince anos. 

León mariño atopado en Muxía
León mariño atopado en Muxía | Fonte: QPC

Entón tamén membros da CEMMA se achegaban á zona cero do Prestige para rescatar un pequeno lobo mariño cuberto de chapapote. A pesar de que a limparon con mimo, aquela Nuncamaisiña, como lle chamaran, non puido sobrevivir.

Por iso agardan que sobreviva a cría atopada varada este sábado no peirao muxián. Os membros de Protección Civil acodían a salvala e, despois de rescatala, automaticamente deuse constancia ao CIAE112, que avisou aos membros do CEMMA. Chegaban arredor das 22:30 horas e levaron á cría á Unidade de Coidados Intensivos-UCI de Nigrán en bo estado.

O Equipo Veterinario da Rede de Varamentos de Galicia xa están aplicando un tratamento para que o mamífero se recupere dunhas abrasións nas aletas frontais, sendo o seu estado xeral bo.

Do medio colaborador QPC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta