Por Galicia Confidencial | A Coruña | 21/02/2018 | Actualizada ás 21:15
Boa parte da familia de Marta Sánchez vive en Galicia. Aínda que ela nacera circunstancialmente en Madrid, o certo é que a súa nai, María Paz López, vive na Coruña e a esta cidade viaxa a miúdo a súa filla para visitala.
A cantante, ex integrante de Olé Olé nos oitenta, e logo cunha longa carreira como intérprete en solitario, está metido de chego na polémica estes días logo de poñerlle letra ao himno español durante un concerto en Madrid a pasada semana.
E aínda que todo o seu repertorio musical é en castelán, o certo é que a cantante tamén se atreveu a interpretar en galego. Foi, sobre todo, durante a súa participación en programas musicais da TVG. Nun deles, no histórico "Luar", a comezos dos 90 e unha década despois en “Bravo pola música”, que dirixía o tamén cantante Juan Pardo. A ese programa Marta Sánchez acudiu embarazada. Estas foron as súas interpretacións:
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.