Temas: PENSIóN
1 de 0 en Opinión Emprende

It's about my pension, stupid!

As pensións constitúen un dos alicerces fundamentais do Estado moderno do Benestar. No Estado español hai case dez millóns de retirados pensionistas que constitúen o principal celeiro de votos da dereita. Mais semella que existen centos de milleiros deste colectivo que xa non acreditan nos contos e mentiras dos políticos que adoitaban obter os seus votos.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 25/02/2018 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

O Reino de España inviste só o 11% do seu PIB nas pensións, fronte á media do 13-14% da meirande parte dos Estados da UE. Coa baixa ratio de cobertura entre cotizantes e pensionistas actual e a peor evolución demográfica futura, aínda así calcúlase que  non sería até o 2050 cando precisaríamos botar mán do 14% PIB para garantir o poder adquisitivo das pensións. Ruído de máis, pero  moitos tentan amedoñarnos coas pensións. A sra. Villalobos, presidenta da comisión parlamentaria pluripartidista que mira polo sistema público de pensións (o Pacto de Toledo) dí que hai que se retirar case con 75 anos porque vivimos  de máis. A ministra Báñez e o presidente Rajoy quérenlle abrir a porta aos sistemas privados de capitalización, que adoito amosaron o seu fracaso no mundo ao longo dos últimos 80 anos.

Rajoy baleirou a caixa de aforros das pensións deseñando, ao tempo, unha devaluación salarial que impide que poidamos cubrir o déficit actual de cotización mesmo con millons de novos empregos, porque estes son cativos en soldos e nin permiten sair de pobres nin axudan encher a caixa da Seguridade Social (SS). Mais cómpre dicir que dende esta reforma laboral do 2012 e dende a reforma das pensións do 2013  (subas do 0,25% e grave rebaixa de pensións aos que se retiren despois do 01.01.2019) o goberno do PP segue a cargar no sistema de pensións gastos que tiñan que ser cobertos cos Orzamentos xerais das Administracións Públicas, como as bonificacións e exencións parciais á cotización da SS, as pensións non contributivas de orfandade e viuvez ou as de retiro de réximes deficitarios, como o de empregados de fogar e autónomos.

A nosa economía é quén de fornecer un sistema público que cubra os dereitos actuais e futuros mantendo o poder adquisitivo de cadansúas pensións. Seica teremos que destinar a esta tarefa parte dos nosos tributos, como fixemos no seu día coa sanidade pública. O que non é admisíbel- e os nosos maiores seica comezan a  se decatar- é deconstruir o sistema público de pensións para lle abrir o negocio aos amiguiños.

Temas: PENSIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Pablo Martin

Mal tenemos los que ahora tenemos 40 años para cobrar las pensiones si no hay un pacto de estado y otra manera de financiacion de elllas, vamos a cobrar en cromos :) un saludo de corbatasygemelos.es

1 anonimo

Concordo