Por Galicia Confidencial | | 10/03/2018 | Actualizada ás 21:29
"San Vicente de Leira está incomunicado! Impotencia e indignación sentimos". Así denunciaba este sábado unha cidadá a situación de total bloqueo que están a padecer os veciños deste núcleo de Vilamartín de Valdeorras, que veñen demandando solucións ante o mal estado no que se atopa a estrada de acceso.
"Esta tarde, sin previo aviso, la Diputación de Ourense ha aislado y enterrado a los vecinos colocando una valla justo a la entrada del pueblo. Es la solución que adoptan en vez de arreglar la carretera OU 807 de acceso al pueblo", denuncia Rosa Fernández Fernández, que compartiu varios vídeos no seu muro de Facebook nos que se pode comprobar como varios operarios instalaban unha barreira para cortar a estrada, ante os veciños e en presenza de axentes da Garda Civil.
Este venres, os veciños de San Vicente de Leira percorrían o centro do Barco para pedirlle á Deputación de Ourense solucións ante o mal estado no que se atopa a súa estrada e tamén para facer visible na comarca de Valdeorras a súa problemática. Como informou osil.info, entre sons de silbatos, bombos e mesmo dalgunha choca, os manifestantes demandaban un “proxecto de urxencia” para este vial.
Era a a segunda concentración deste tipo que levaban a cabo nesta semana, na que tamén o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez, se pechaba de forma indefinida no Concello en demanda dunha solución.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.