En Vilamartín de Valdeorras xa chegan aos 35,3 graos ás 13.10 horas, e son 34,6 os que marcan os termómetros en Ribas de Sil a esa mesma hora. Larouco rexistra unha temperatura de 33,9 graos e Viana do Bolo, na mesma provincia, 33,5. Pola súa banda, Sarria, en Lugo, situaba o mercurio nos 33,4 graos ás 13.00 horas.