Estabilizado un lume que queimou máis de 20 hectáreas en Vilamartín de Valdeorras

Declaran extinguido o de Entrimo.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 31/03/2020 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Os medios de extinción estabilizaron o incendio forestal declarado na tarde deste luns no municipio ourensán de Vilamartín de Valdeorras, que queimou máis de 20 hectáreas, e sufocado outro en Entrimo.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume de Vilamartín de Valdeorras comezou ás 19,47 horas deste luns na parroquia de San Vicente de Leira e quedou estabilizado ás 5,55 horas deste martes.

As primeiras estimacións apuntadas por Medio Rural sitúan a superficie queimada en máis de 20 hectáreas. No control deste lume traballaron cinco axentes, nove brigadas e tres motobombas.

Por outra banda, o incendio forestal que se iniciou ás 17,20 horas do luns e chegou desde Portugal a Galicia, e afectou o parque natural do Xurés, quedou extinguido ás 21,45 horas.

As últimas estimacións sitúan a superficie afectada en territorio galego de 20 hectáreas de monte raso, concretou Medio Rural. Para o control deste lume mobilizáronse un axente, catro brigadas, unha motobomba e tres helicópteros.

Un helicóptero no incendio forestal de Mondariz. MARTA VÁZQUEZ
Un helicóptero no incendio forestal de Mondariz. MARTA VÁZQUEZ | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta