Por Rosalía R. Mendez | Barcelona | 25/03/2018 | Actualizada ás 22:00
Os números para formar un novo goberno non saen a pesar de que o mesmo xoves se intentaba desbloquexar a situación investindo a Jordi Turull como President. Pero a decisión de mandalo a el a prisión, xunto con outros consellers, e a captura de Puigdemont en Alemaña abren novas feridas entre o Estado e Cataluña difíciles de solventar a curto prazo. A investidura fallida de Turull xa puxo en evidencia a dificultade para formar goberno en Cataluña, agrabada polo acoso xudicial aos dirixentes do soberanismo. E a decisión de Alemania de prender a Puigdemont, tras unha euroorde de España, dálle unha nova volta á xa, de por si, complicada situación política catalá.
A pesar de que a suma dos partidos independentistas dá unha maioría suficiente para investir a un novo President, a prisión e o exilio dalgúns deputados e a abstención da CUP, poñen en perigo o autogoberno de Cataluña. Un autogoberno que segue secuestrado coa aplicación do artigo 155 e a intervención das institucións catalás sen unha alternativa clara para saír do bloqueo institucional no que está ese país dende hai meses.
NOVAS POSICIÓNS
Este sábado quedaba patente que os grupos constitucionalista e independentista non están tan claros como parecía tras as eleccións de decembro. O Presidente do Parlament, Jordi Torrent, suspendía a sesión de investidura tras a entrada en prisión o venres de Jordi Turull, candidato a President da Generalitat, e outros exconsellers do Govern cesado..
Con todo, abría quendas de palabra para os diferentes grupos políticos. Todos, agás o PP que se ausentou, falaron ante un Parlament ó que asistían de invitados os familiares e amigos dos procesados dende a tribuna.
Era o momento de intentar atopar unha saída a unha situación de bloqueo que pode acabar nunha nova convocatoria de eleccións se non se inviste a un novo President nos vindeiros meses. O bloque independentista formado por ERC e JxCat é o único que parece poder formar goberno, maila que varios dos seus deputados están no exilio ou no cárcere. Xa non contan co apoio da CUP, que o xoves optaba pola abstención na sesión de investidura de Turull, pasando á oposición.
CORRENTES NO INDEPENDENTISMO
O certo é que nas últimas semanas estase a ver claramente que hai dúas correntes dentro do independentismo: a que quere formar goberno e recuperar unhas institucións intervidas polo Estado e a que aboga pola desobediencia e quere forzar a negociación. A proposta dun novo candidato é obligada se queren recuperar o autogoberno, pero a presión xudicial é forte e impide unha investidura rápida.
A chave desta volta pode tela o líder dos Comúns, Xavier Domenech, que ata agora se mantiñan á marxe dos bloques independentista e constitucionalista. Domenech esixía aos partidos independentistas que formaran goberno xa ou permitiran unha maioría alternativa e transversal para saír da situación política actual. Para o lider dos Comúns, a formación dun fronte democrático é a única vía para “responder á regresión de dereitos” e foi moi duro coa decisión do xuiz Llarena e a aplicación do 155.
Domenech uníase deste xeito á declaración do President do Parlament, Roger Torrent, tras o pleno, á que tan só asistiron os partidos independentistas e os Comúns para pedir un fronte democrático e acabar co bloqueo institucional. Outro dos cambios que se está a ver estes días é o do PSC. A pesar de que o PSOE apoiara a aplicación do 155, o lider do PSC, Miquel Iceta, se desmarca do bloque constuticionalista máis duro calificando de “desproporcionados” os encarcelamentos e pide diálogo e unha maioría política que permita gobernar en Cataluña para recuperar o autogoberno.
A ALTERNATIVA INDEPENDENTISTA
Tras os intentos fallidos dos independentistas, podería ser agora a quenda do bloque constitucionalista. PSC, PP e Ciutadans non suman e parece non haber ata o de agora movementos entre os grupos parlamentarios favorables o 155 para formar un goberno non nacionalista.
Ciutadans conta co respaldo de ser o partido máis votado nas eleccións de decembro, polo que a alternativa Inés Arrimadas ao fronte semella ser a máis viable ó bloque independentista. Nas próximas semanas verase se Arrimadas tenta o diálogo con outros grupos ou se deixa correr o reloxo para enfrontarse a unhas novas eleccións en xuño deste ano.
UN LONGO PROCESO CON 25 PROCESADOS
O xuiz Llarena dictaba este mesmo venres prisión provisional e sen fianza para os exconsellers Jordi Turul, Raül Romeva e Dolors Bassa, así como para a expresidenta do Parlament, Carme Forcadell, e para Marta Rovira, Secretaria Xeral de ERC, que non se presentou en Madrid tras sair de España o xoves pola noite.
Dete xeito, son xa 25 os encausados e procesados polo Tribunal Supremo: os 14 membros do Govern cesado, a ex Presidenta do Parlament mais 5 membros da Mesa, 3 exdeputadas e os expresidentes da ANC e de Omnium Cultural. Se lles imputan varios delitos, entre eles o de rebelión, o máis grave, desobediencia e malversación cando ostentaban cargos públicos.
Ó mesmo tempo, Llarena reactivaba a euroorden de detención para o expresident Puigdemont e os exconsellers Comín, Bassa e Puig - en Bruselas - e Ponsatí, en Escocia. Esta euroorde tamén afectaría a Marta Rovira, de ERC- que segundo diversas fontes se atoparía en Suiza- e Anna Gabriel, da CUP, tamén en Suiza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.