Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2018 | Actualizada ás 21:05
Galicia foi escenario este luns de varias concentracións en "solidariedade" con Cataluña e en contra do Estado español, "fascista e represor", un día despois da detención en Alemaña do expresidente e deputado Carles Puigdemont.
En Santiago, na Praza do Toural, varias decenas de persoas entoaron cánticos a favor da independencia e para mostrar "solidariedade" cos cataláns afectados, pedindo "liberdade" para os "presos políticos".
Entre os asistentes atopábanse cargos do BNG como a portavoz nacional, Ana Pontón; o alcalde da cidade (de Compostela Aberta), Martiño Noriega; membros da central nacionalista CIG e personalidades da cultura como Margarita Ledo e Suso de Toro.
Noutras cidades, as protestas estaban convocadas no farol de Urzáiz (Vigo), ante a subdelegación do Goberno (A Coruña e Ourense), na praza da Peregrina (Pontevedra), na praza maior (Lugo), na de Amada García (Ferrol) e na de Mariña (Burela).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.