Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2018 | Actualizada ás 13:40
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, remitiuse ás explicacións do deputado de En Marea Juan Merlo (Podemos Galicia), en cuxo currículo figuraba que era enxeñeiro naval e asumiu o "erro" de que se incluíse desa maneira na súa formación. Ademais, afirmou que el "só" pode dicir que o seu currículo é "fidedigno".
"Aquí, na Universidade de Santiago non regalan os títulos", sentenciou, despois de indicar que "nunca" se lle preguntou polo caso de Cristina Cifuentes, quen "si que tiña un título falsificado".
Aínda que ironizou con que non está "especializado neste tipo de materias", destacou que o seu currículo "é fidedigno", para relatar que estudou Medicina, aprobou a licenciatura, presentouse ao MIR, fixo a especialidade de medicina de familia e obtivo o diploma de estudos avanzados no departamento de saúde pública.
"Aquí na universidade, indo a clases presenciais durante un ano, mentres era alcalde de Teo. E logo presentando o estudo de final de diplomatura de estudos avanzados no segundo ano, ao cal din lectura no Hospital Clínico ante Juan Gestal, catedrático que acaba de xubilarse e obtiven unha boa cualificación. E custoume porque era xa entón alcalde de Teo e compatibilizar non foi fácil", expuxo.
Deste xeito, apuntou que esperaría a que Merlo dese as explicacións "pertinentes", nun momento no que este manifestaba que asumía o "erro" de que se incluíse que era enxeñeiro na súa formación, algo que se fixo coa súa "conivencia" pero "non coa intención de enganar", dfixo. O deputado comentou que non lle deu "importancia" cando se simplificou o que foron estudos e formación práctica na materia e converteuse na denominación de enxeñeiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.