Abrazo e “puñalada” a un candidato

GC presenta a incríbel peripecia de Manuel Becerra, concelleiro e voceiro do PP en Cerceda. Proclamado oficialmente como candidato a alcalde, abrazo con Feijóo incluído; agora relata como se descubriu co “coitelo cravado”. Vídeo exclusivo de Tingalaranga no interior.

Por Galicia Confidencial | | 20/02/2011 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

“Un home de fiar, un traballador incansable ao servizo dos veciños dende o seu coche pero tamén dende o Concello”. Así presentou o PP da Coruña a Manuel Becerra nunha cerimonia en outono, cando lanzou os seus candidatos ás próximas municipais nunha gran cerimonia.

Manuel Becerra, taxista e líder da oposición conservadora en Cerceda, saltou ao estrado e fundiuse nun abrazo co presidente da Xunta, Nuñez Feijóo, e o líder na cidade da Coruña, Carlos Negreira.  Pero a política dá moitas voltas, ás veces demasiadas.

None

Sen previo aviso e sen alegar publicamente ningún motivo, o PP da Coruña acaba de presentar outro candidato. O PP da Coruña non deu explicacións nin publicamente nin ao propio afectado.

A sorpresa foi maiúscula en Cerceda, pois á marxe das opinións políticas de cadaquén,  ninguén lle coñece a  Becerra implicacións en liortas internas do PP ou casos de corrupción que xustifiquen este sorprendente relevo.

Carlos Negreira non atendeu ás súas chamadas

“Chamei tres veces ao presidente provincial Carlos Negreira e aínda estou a esperar que me devolvan a chamada. Tívome que informar o presidente de Portos [de Galicia], Álvarez Campana, e non o presidente provincial que é ao que lle correspondía”.

“Antes que polo partido entérome por xente privada, a min o partido contoumo cando estaba todo decidido, non deixa de ser unha traizón unha puñalada nas costas, con todo o que iso acarrea, unha traizón ben feita por parte deles porque non me enteiro até que teño o coitelo clavado na espalda”, relata o político ás cámaras de Tingalaranga Audiovisual.

“Cobardes”

“Defenderei os intereses do Concello de Cerceda no que me toque, pero nunca defenderei os intereses do PP”, conclúe tras advertirlle ao aparato do seu partido que “non se vai así pola vida de cobardes”.

O novo candidato dá a a cara

Quen si dá a cara é o novo candidato. Francisco Santos admite que o relevo foi a “destempo” pero relaciona o cambio  a “un equipo máis competitivo” coas “esixencias moi altas” para aumentar o número de concellais. 

O PP ten case imposíbel a alcaldía, que dende hai moitas lexislaturas controla o PSdeG. Porén, aumentar algún concellal pode resultar clave para lograr a Deputación, obxectivo do líder provincial Carlos Negreira, que canda Feijóo se abrazou a Becerra na proclamación.
 

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

25 cerceda

hay paquito que pasa si las pitas no ponen,

1 PACO

LOS DEL PSOE DE CERCEDA,NO TIENEN NI VERGUENZA,NO HAY MAS VER LA HISTORIA DE BEGOÑA. EL PADRE DE BEGOÑA CHUPO DEL AYUNTAMIENTO HASTA QUE MURIO, LA CASA FUE HECHA CON MATERIALESS PAGADOS POR EL AYUNTAMIENTO, ELECTRICIDAD, FONTANERIA, ETEC, LUEGO SE COLOCO BEGOÑA EN EL CONCELLO ELLA COLOCO A SU MARIDO Y FAMILIARES, SE FUE PARA LA XUNTA Y CUANDO LA HECHARON DE LA XUNTA SE VINO A CERCEDA PARA ASESORAR AL ALCALDE,SIEMPRE CON SUELDOS SUPERIORES A CUATRO MIL EUROS, ¿ QUE PASA QUE EN CERCEDA NO HAY NINGUNA MUJER TAN PREPARADA COMO BEGOÑA? AHORA QUIERE SER CONCEJALA PARA SEGUIR CHUPANDO DEL BOTE,QUE POCO RESPETO LE TIENE AL PUEBLO ELLA Y ESE SEÑOR QUE SE LLAMA PEPE BOTELLA (DIGAMOS LIÑARES)

24 anonimo

o problema non é que sea imprescindible ter moita carreira para ser politico, o problema é empezar nesto mintindo, como queres que te creamos si mintes nunha cousa sin "importancia" cando as cousas teñan importancia para sair correndo e non escoitarte. Ademais, claro que é importante ter nas institucions xente que entenda os papeles é non que sepa apretar os tornillos, eso pos talleres. antes a xente decia que D. Jesús Orgueira (en paz descanse)non entendia de papeles, e ti paco que entendes de papeles, e por favor a intelexencia de D. Jesús Orgueira estaba moi por encima da tua, él nunca tuvo necesidade de mentir, sempre a cara descuberta. ti empezas mintindo. asi non se defende a ningún axuntamento e menos o teu.

23 eumesmo

Bueno a historia non soa a trigo limpo pero teremos que agardar a que pasen as elecions e despois veremos como saiu o molete de cocido. por certo non sabia eu que fose imprescidible ter moita carreira pa ser politico e defender cada un o seu concello.

22 radio macuto

Lamentables os comentarios xerales,demostran un afan inmovilista pa que perduren as decisions unipersoales. Pois cos presentes non se ve ningun tipo cambio sustancial.¿será mellor no cambiar nada pois así estan todos contentos? No no entendo. Recordade que no podes exceder os 110km por hora e polos comentarios algun vai moi pasado de rosca,recomendo un poco de cultura xeral,digo polos estudios de cada quen. XA O ENTENDO TEDES MEDO OS CAMBIOS

21 Veciño do Pumar.Cerceda

Os que opinades así non tedes nin idea de quen e como é Paco. Preguntadelle a calquera veciño antes de dar estas opinións, porque engañades a quen non ten o privilexio de coñecelo.