Abrazo e “puñalada” a un candidato

GC presenta a incríbel peripecia de Manuel Becerra, concelleiro e voceiro do PP en Cerceda. Proclamado oficialmente como candidato a alcalde, abrazo con Feijóo incluído; agora relata como se descubriu co “coitelo cravado”. Vídeo exclusivo de Tingalaranga no interior.

Por Galicia Confidencial | | 20/02/2011 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

“Un home de fiar, un traballador incansable ao servizo dos veciños dende o seu coche pero tamén dende o Concello”. Así presentou o PP da Coruña a Manuel Becerra nunha cerimonia en outono, cando lanzou os seus candidatos ás próximas municipais nunha gran cerimonia.

Manuel Becerra, taxista e líder da oposición conservadora en Cerceda, saltou ao estrado e fundiuse nun abrazo co presidente da Xunta, Nuñez Feijóo, e o líder na cidade da Coruña, Carlos Negreira.  Pero a política dá moitas voltas, ás veces demasiadas.

None

Sen previo aviso e sen alegar publicamente ningún motivo, o PP da Coruña acaba de presentar outro candidato. O PP da Coruña non deu explicacións nin publicamente nin ao propio afectado.

A sorpresa foi maiúscula en Cerceda, pois á marxe das opinións políticas de cadaquén,  ninguén lle coñece a  Becerra implicacións en liortas internas do PP ou casos de corrupción que xustifiquen este sorprendente relevo.

Carlos Negreira non atendeu ás súas chamadas

“Chamei tres veces ao presidente provincial Carlos Negreira e aínda estou a esperar que me devolvan a chamada. Tívome que informar o presidente de Portos [de Galicia], Álvarez Campana, e non o presidente provincial que é ao que lle correspondía”.

“Antes que polo partido entérome por xente privada, a min o partido contoumo cando estaba todo decidido, non deixa de ser unha traizón unha puñalada nas costas, con todo o que iso acarrea, unha traizón ben feita por parte deles porque non me enteiro até que teño o coitelo clavado na espalda”, relata o político ás cámaras de Tingalaranga Audiovisual.

“Cobardes”

“Defenderei os intereses do Concello de Cerceda no que me toque, pero nunca defenderei os intereses do PP”, conclúe tras advertirlle ao aparato do seu partido que “non se vai así pola vida de cobardes”.

O novo candidato dá a a cara

Quen si dá a cara é o novo candidato. Francisco Santos admite que o relevo foi a “destempo” pero relaciona o cambio  a “un equipo máis competitivo” coas “esixencias moi altas” para aumentar o número de concellais. 

O PP ten case imposíbel a alcaldía, que dende hai moitas lexislaturas controla o PSdeG. Porén, aumentar algún concellal pode resultar clave para lograr a Deputación, obxectivo do líder provincial Carlos Negreira, que canda Feijóo se abrazou a Becerra na proclamación.
 

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

10 ppsoe

Pois non creo que sexa moito mellor meter a un PPePPeiro declarado como nº1 do PSOE ao concello de Ortigueira. Os irmáns Campo enfrentados en xuizos e agora movendo fios na sombra do PP e do Psoe para continuar as suas liortas no Concello e nas municipais.

1 vaicheboa

#nolesvotes

2 vaicheboa

#nolesvotes

9 anonimo

despues de lo ocurrido en cerceda, espero que los votantes de la coruña se decidan por no votar al cobarde negreira. no me imagino la alcaldia de la coruña en manos de negreira ni la diputación en manos del pp. si esto es asi se multiplicariasn los individuos crespo. hablo con consentimiento de causa. un ex-afililiado

1 Mastro

Sr. Negrera, non deturpe a grande estirpe do candidato. Cando A Coruña sexa La Coruña, por honestidade o hoxe candidato cambiarase o apelido de Negreira a Negrera, que soa moito máis fino e así os foráneos escasos de luces que disque teñen problemas para ententer A Coruña (o mesmo lles pasa con Negreira) térano moito máis doado, non sí?

8 anonimo

E IMPRESENTABLE QUE A UN SEÑOR QUE DOU A CARA CANDO O PARTIDO NON TIÑA E NADIE NESTE POBO RECIBA O TRATO QUE RECIBIU.

7 anonimo

este es el amigo del individuo crespo, os acordáis?

6 anonimo

Dios mio, por favor, quitar a carlos negreira de en medio, vamos a tener una desgracia con él, si trata a si a los suyos que hará con los demás.