Abrazo e “puñalada” a un candidato

GC presenta a incríbel peripecia de Manuel Becerra, concelleiro e voceiro do PP en Cerceda. Proclamado oficialmente como candidato a alcalde, abrazo con Feijóo incluído; agora relata como se descubriu co “coitelo cravado”. Vídeo exclusivo de Tingalaranga no interior.

Por Galicia Confidencial | | 20/02/2011 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

“Un home de fiar, un traballador incansable ao servizo dos veciños dende o seu coche pero tamén dende o Concello”. Así presentou o PP da Coruña a Manuel Becerra nunha cerimonia en outono, cando lanzou os seus candidatos ás próximas municipais nunha gran cerimonia.

Manuel Becerra, taxista e líder da oposición conservadora en Cerceda, saltou ao estrado e fundiuse nun abrazo co presidente da Xunta, Nuñez Feijóo, e o líder na cidade da Coruña, Carlos Negreira.  Pero a política dá moitas voltas, ás veces demasiadas.

None

Sen previo aviso e sen alegar publicamente ningún motivo, o PP da Coruña acaba de presentar outro candidato. O PP da Coruña non deu explicacións nin publicamente nin ao propio afectado.

A sorpresa foi maiúscula en Cerceda, pois á marxe das opinións políticas de cadaquén,  ninguén lle coñece a  Becerra implicacións en liortas internas do PP ou casos de corrupción que xustifiquen este sorprendente relevo.

Carlos Negreira non atendeu ás súas chamadas

“Chamei tres veces ao presidente provincial Carlos Negreira e aínda estou a esperar que me devolvan a chamada. Tívome que informar o presidente de Portos [de Galicia], Álvarez Campana, e non o presidente provincial que é ao que lle correspondía”.

“Antes que polo partido entérome por xente privada, a min o partido contoumo cando estaba todo decidido, non deixa de ser unha traizón unha puñalada nas costas, con todo o que iso acarrea, unha traizón ben feita por parte deles porque non me enteiro até que teño o coitelo clavado na espalda”, relata o político ás cámaras de Tingalaranga Audiovisual.

“Cobardes”

“Defenderei os intereses do Concello de Cerceda no que me toque, pero nunca defenderei os intereses do PP”, conclúe tras advertirlle ao aparato do seu partido que “non se vai así pola vida de cobardes”.

O novo candidato dá a a cara

Quen si dá a cara é o novo candidato. Francisco Santos admite que o relevo foi a “destempo” pero relaciona o cambio  a “un equipo máis competitivo” coas “esixencias moi altas” para aumentar o número de concellais. 

O PP ten case imposíbel a alcaldía, que dende hai moitas lexislaturas controla o PSdeG. Porén, aumentar algún concellal pode resultar clave para lograr a Deputación, obxectivo do líder provincial Carlos Negreira, que canda Feijóo se abrazou a Becerra na proclamación.
 

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

5 Manda carallo

O que é curioso que o idioma prevalente entre os dirixentes do PP e o castelan, logo non sei como se chaman PPdG.

1 Mastro

É por duas cuestións ben coñecidas: Primeira porque lles da certo noxo o galego e prefiren o castelán para autonegarse e autonegar e etiquetar os que defendemos e usamos a lingua galega como inimigos, é dicir mezclar para confundir: un idioma non ten ideoloxía de ningún tipo pero si consigues qeu os que o defenden sexan consederados inimigos xa ganaches a tua parcela e eles defenden a súa parcela. Segunda: Tamén hai moito que fala castelán porque sinceiramente non sabe expoñer de forma oral e escrita os seus pensamentos en galego, é dicir, e ignorante real da lingua. Curioso que algúns deses ignorantes na sua ignorancia mostran orgullosos que non saben falar o galego e non lles importa porque erradamente pensan que son máis cultos falando unha sóa lingua ca os demáis que sabemos falar e escribir perfectamente as duas, galego e castelán.

4 Jesús

Xa que todos os maiores de 18 anos poden votar (e mentres non haxa que pasar un psicotécnico) que goberne o que gañe. O mellor alcalde é o que máis apoios ten, esa é a democracia, para ben e para mal. Xa dicía Platón que isto da democracia...Menos mal que nos queda Libia

1 Jasusito!

Viva a democracia! Poñamos un exemplo. Poñamos un concello que elixa a 21 concelleiros. O partido A saca 5 concelleiros, o B saca 5 concelleiros o C saca outros 5 e o partido D saca 6 concelleiros. Curiosamente vostede defende que aínda que non se entenda con ningún outro partido e os outros cheguen a entenderse o partido D debe gobernar dito Concello con 1/4 dos votos recibidos. Plas! Plas! Viva Libia!

2 un calquera

"Os gobernos bipartitos son un roubo ós cidadáns" dixo un sesuso membro do PP nun mitin en As Pontes. Corporación actual do concello de As pontes: PSOE 8, BNG 8, PP:1. Goberno PSOE+BNG. Efectivamente un roubo clarísimo á vontade cidadán.

3 Porco Jones

Sí, ises son os razonamentos dos PPros. Cuba é un país comunista no que non hai liberdade de expresión, entón bloqueo. China é un país comunista no que non hai liberdade de expresión, entón imoslhes lamber o cú...

4 Jesús

Que pouco ledes carallo. Cando digo que goberne o que máis apoios ten refírome a iso o que máis apoio teña dunha corporación electa.

3 farto

Miña cabeza. Fala de gañar na Dseputción en vez do seu Concello. Vaia candidato pepeiro! Que pouca vergoña. Aquí en Cerceda Psoé e PP a mesma "caca" é. Si oh, votade que é de balde!!!!

1 anonimo

dacordo contigo, efectivamente o señor paco parece candidato a diputación en vez de a alcalde do ayuntameinto de cerceda. enhorabuena paco, liñares ya lo ha conseguido, ya está sin oposición, además siendo presidente del queixas y equipo que depende directamente del alcalde liñares ¿cómo piensas resolver este asunto paco? pobre hombre? un consejo, consultalo con rivas que es un hombre totalmente ajeno a liñares y de lo más fiable que hay en queixas.

2 Mastro

Que esperabas? Non sabes ben porque partido político te presentabas? O Mr Carlos Negrera é especialista no que che pasou a ti. Non da lástima este home, simplemente é mostra palmaria da realidade.

1 Cercedense

Por lo menos el candidato del PP es una persona que quiere el pueblo de Cerceda y no un 'padrone' como el actual alcalde. Xuntos podemos, adiante PP!

1 Mastro

El pueblo de Cerceda, que está na provincia da Coruña, non en Madride, non nos vaiamos a confundir, quere o que quere e queridos e queridas ten moitos e moitas. Disque unha forma de "juntos podemos" é precisamente as prácticas que alí fan dende a cúpula, non a cópula, do PP. Votade, botade, que é de balde.

2 alucino

Adiante PP..ese partido no que o único que lle importa ao candidato é "axudar a gañar a deputación". Hai que ser pailán, poñer por diante do concello un obxectivo dese tipo!!! Neste concello pp e psoé a mesma "caca" é.