Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/04/2018 | Actualizada ás 11:39
As mariscadoras da Illa de Arousa, que están integradas na Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, presentan un vídeo con argumentos para rexeitar que se reabra a vella mina de cobre, polémico proxecto de Atalaya Mining liderado polo controvertido enxeñeiro de minas Alberto Lavandeira.
O vídeo lembra que os sectores produtivos da ría de Arousa estarían ameazados pola actividade extractiva e recorda algúns dos accidentes ecolóxicos da minería no mundo, incluído o de Aznalcóllar ou o da antiga mina de Monte Neme, en Carballo, cuxas sete balsas, con auga contaminada, seguen abandonadas e sen restaurarse; a rotura dunha delas provocara unha riada, causando danos en aldeas de Malpica e Carballo en febreiro de 2014.
A antiga mina de Touro, que traballou entre 1973 e 1986, "segue sen restaurarse" tres décadas despois e "segue botando merda ao río", denuncian os veciños. "O cobre e os cartos lévanos eles e a merda da contaminación quédanos para toda a vida".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.