Acusan a Faro de Vigo de actuar como altofalante da Xunta para dividir aos traballadores do hospital Cunqueiro
Os traballadores da limpeza negan unha información publicada no xornal local na que se di que "o Sergas denuncia que traballadores do hospital se sinten «vexados» por auxiliares". Piden non ser utilizados como “arma arreboladiza” contra o colectivo de auxiliares de enfermaría.