Quinteiro esgrime un escrito con 600 sinaturas que avalan a súa continuidade como deputada

Ese documento foi asinado tamén por persoas non inscritas en En Marea. Este martes arrincou a consulta sobre a deputada de Podemos, que afea esta votación e di que non a acatará. Asegura que ela só se sometería a un "revogatorio".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2018 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

En Marea arrincou con normalidade o proceso de votación no que os inscritos poden pronunciarse sobre se a deputada Paula Quinteiro, que tivo un incidente coa Policía Local na madrugada do 18 de marzo, debe presentar a súa dimisión na Cámara galega.

A deputada de En Marea Paula Quinteiro
A deputada de En Marea Paula Quinteiro | Fonte: Europa Press

Respecto diso, e a preguntas dos medios este martes nos corredores do Pazo do Hórreo, Paula Quinteiro volveu a censurar que esta consulta "non respecta a vontade dos inscritos" en canto ao marco estatutario do que se dotou En Marea e asegurou que ela se someteu a un proceso revogatorio.

"Estou disposta a someterme á consulta das bases; para min é fundamental que as bases teñan poder de decisión en todos os espazos", sinalou a parlamentaria, quen insistiu en que "o proceso que se debería levar a cabo é un revogatorio, que tería todas as garantías para os inscritos, e non esta consulta non vinculante".

A deputada, ademais, censurou a "pregunta tendenciosa" que, ao seu xuízo, se formulou nesta consulta, xa que "presupón unha culpabilidade duns feitos que son falsos". "Eu non empreguei a miña condición de deputada para beneficio persoal nin para beneficio de ningunha outra persona", indicou.

MANIFESTO DE APOIO

Paula Quinteiro, así mesmo, escudouse en que non é a "única" que expresa que esta consulta "incumpre o mandato das bases", e referiuse ao manifesto que impulsaron afíns a ela para indicar que está a recoller "moitísimas firmas" de apoio a que continúe como deputada. Nese escrito, con máis de 600 rúbricas (non hai que ser inscrito de En Marea para asinar), tamén se apela a non participar na consulta que se iniciou este martes.

Respecto diso, a parlamentaria aproveitou para "agradecer todos os apoios recibidos". "Creo que debemos poder consultar todas as cuestións ás bases, que son necesarias, pero cumprindo os procedementos dos que nos dotamos. Pero estou totalmente disposta a escoitar ás bases se se formula un revogatorio", insistiu Quinteiro, quen dixo en anteriores ocasións que non escoitará a decisión da consulta nin presentará a dimisión en virtude dela.

Preguntada por se sente preocupada, manifestou que o que lle inquieta son "a situación de mentiras e calumnias que se están dicindo estas semanas". "Pero a consulta non, porque como digo, estou a recibir moitos apoios. Hai moita xente inscrita de En Marea que está a dicir que esta consulta non é o procedemento", aseverou.

ARRINCA CON NORMALIDADE

Fontes da dirección de En Marea consultadas por Europa Press confirmaron que a consulta, que se desenvolverá até as 22,00 horas deste mércores, arrincou con normalidade. Os resultados oficiais coñeceranse, previsiblemente, ás 10,00 horas do xoves.

As bases de En Marea, cun censo de preto de 2.400 inscritos, deberán contestar "si" ou "non" á seguinte pregunta: "Consideras que Paula Quinteiro debe dimitir do seu cargo como deputada do Parlamento galego polo uso da súa acta de deputada para un asunto particular?".

Dáse a circunstancia de que esta consulta coincide no tempo coa relativa á compra da casa en Galapagar por parte de Pablo Iglesias e Irene Montero, na que se pregunta se deben presentar a súa dimisión por hipotecarse para esta vivenda. Paula Quinteiro, ademais de deputada do partido instrumental, é inscrita da formación morada --da corrente Anticapitalista-- e a coincidencia de ambos os plebiscitos valeulle ao portavoz de En Marea, Luís Villares, para reivindicar a que el defende para a parlamentaria galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 Marchoso

Paula ¿Deixasme o teu carnet para este finde? É pra unha cousa ...

2 Tocabolas

Sillon de mis Entretelas!!!!...esta con tal de non voltar as listas do pool de Enfermaria é quen de ca gar Loctite-R....que seica agarra moi ben ao escanol......que Morroncio!!!.

1 Paula se fuerte

Karglass patrocina esta entrevista