Dar exemplo e manter unha ética intachable é un dos puntos característicos do que moitos/as entendemos debe primar no espazo político de En Marea. Cando a xente co seu voto lle permitiu conseguir a Paula Quinteiro a acta de deputada, non o fixo para que a usase como medio para sacarlle as castañas do lume aos seus amigos. Por esta acción, por interpelar á súa condición de parlamentar nun asunto persoal, a aínda deputada é a antitese do que para moitos/as de nós representa o proxecto de En Marea. Por iso debera dimitir, pero como a Paula Quinteiro o proxecto non lle importa o máis mínimo, prefire quedar e desgastar ás compañeiras que si se deixan a pel polo espazo.