Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2018 | Actualizada ás 14:18
Os deputados de En Marea Marcos Cal e Paula Quinteiro valoraron este luns a lista do sector crítico coa actual dirección da formación rupturista, que encabeza o exdiputado nas Cortes David Bruzos. "Vexo moi positivo o "iderado de Bruzos, quen ten moitísimo que achegar", dixo Cal.
Pola súa banda, rexeitou "entrar" en valoracións sobre se o proceso estivo tutelado por Podemos, e avogou por traballar "en positivo", xa que son os inscritos os que agora "teñen que decidir" e "aínda falta moita máis xente" por achegar.
Ao seu lado na rolda de prensa, que abordaba a violencia machista e medidas de En Marea para combatela, Quinteiro insistiu no seu apoio a esta candidatura, que, ao seu xuízo, é "moi plural" e integra "a maior parte" das mareas municipais.
Cuestionados sobre a incidencia que poida ter o resultado do proceso na continuidade de Villares á fronte do Grupo Parlamentario, Quinteiro respondeu que cre que o debate en curso e o da dirección de En Marea "non están vinculados", xa que o actual "non é un debate nominal", senón sobre a forma en que se organiza o espazo de confluencia. "Non os vincularía en absoluto", resolveu.
O sector crítico coa actual dirección de En Marea, agrupado na chamada Mesa da Confluencia, alcanzou a última hora do venres un acordo para presentar unha única lista nas eleccións internas do partido instrumental que estará encabezada por un candidato de consenso, o exdiputado nas Cortes David Bruzos.
Pola súa banda, os deputados no Parlamento de Galicia Davide Rodríguez, Pancho Casal e Paula Verao acompañan a Luís Villares na súa lista ao Consello das Mareas, na que tamén figuran a eurodeputada Lida Senra e a actual viceportavoz do partido instrumental, Ana Seijas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.