A Xunta descarta limitar as prazas de educador social aos titulados nese campo como pide o colexio profesional

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2019 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

A Xunta descarta limitar as prazas de educador social na administración aos titulados en Eduación Social como reclama o colexio profesional deste colectivo, xa que, segundo o Executivo autonómico, suporía "expulsar" ao 90 por cento dos traballadores públicos que desempeñan esta función na actualidade pois contan con outro tipo de formación.

Este xoves, en resposta a unha pregunta formulada na Comisión 3ª da Cámara galega pola deputada de Común da Esquerda Paula Quinteiro, o director xeral de Función Pública, José María Barreiro, asegurou que dos 300 traballadores públicos que ocupan prazas de educador social, "só o 8 por cento" conta con esta titulación.

Por tanto, rexeitan a reclamación do Colexio profesional de Educadores sociais de esixir esta titulación para acceder a estas prazas. Ademais, Barreiro deslizou que o colexio busca que se estableza esta medida para que só poidan optar a estas prazas "os seus colexiados".

Tras asegurar que "ningún sindicato representativo" solicitou esta medida, o responsable de Función Pública indicou que, de existir esta limitación, "non se podería convocar" a actual oposición, á que se apuntaron 1.600 persoas para lograr unha das 86 prazas de educador social.

Cartel polo Día Internacional da Educación Social
Cartel polo Día Internacional da Educación Social | Fonte: Ceesg.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta