A deputada de En Marea Paula Quinteiro replica a Rajoy: "O PP é un partido imputado por corrupción"

A afiliada de Podemos Galicia sae así ao paso das críticas do presidente de España, que recorreu ao seu caso, tras un incidente coa Policía Local de Santiago, para utilizalo contra Pablo Iglesias nun debate no Congreso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2018 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

Paula Quinteiro, a deputada de En Marea e afiliada de Podemos Galicia que se viu envolta nun incidente coa Policía Local de Santiago na madrugada do 18 de marzo, respondeu a través da rede social Facebook ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, que o seu é un partido "imputado por corrupción". Fíxoo despois que o dirixente popular usase o seu caso para afear a Pablo Iglesias a situación do partido morado durante a sesión de control ao Goberno no Congreso dos Deputados.

Paula Quinteiro, deputada de En Marea
Paula Quinteiro, deputada de En Marea | Fonte: Europa Press

"M. Rajoy utilizou o Congreso para mentir e difamar", acusou a deputada da corrente Anticapitalista, á que o líder de En Marea —partido polo que se presentou ás eleccións autonómicas—, Luís Villares, pídelle a súa dimisión por verse implicada nun incidente coa Policía Local, que facía un control nocturno por mor dunha denuncia de vandalismo feita por un veciño.

Concretamente, Rajoy dixo no Congreso que a deputada "dedicaba o seu tempo de asueto a romper espellos retrovisores de persoas que ousaban a aparcar" na rúa.

No atestado policial instruído aquela noite recóllese que a parlamentaria esgrimiu a súa condición de aforada para "dificultar" a identificación de persoas do seu grupo de amigos, pero ela defendeu que só quixo "intermediar". En todo caso, a instrución da causa non vinculou polo momento a rotura dos espellos retrovisores co grupo de persoas que foi interceptado e no que foron identificadas un total de tres acodes.

"Por moito que se repitan as mentiras non se converten en verdade", indicou Quinteiro na rede social. Ademais, quixo "aclarar" que ela "non participou en ningún acto deste tipo", que ademais "condena totalmente".

CRÍTICA AS "MENTIRAS" DO PP

Na súa publicación engade que "a realidade é que o PP, imputado por corrupción estrutural, converteu a política nun 'lodazal' ao máis puro estilo dunha 'tertulia' televisiva do corazón, a única maneira de desviar a atención da súa corrupción sistemática e estrutural".

"Mente para evitar falar das súas políticas nefastas para o conxunto das clases populares, para tratar de ocultar o momento de enormes retrocesos en liberdades e dereitos que vivimos", engade Paula Quinteiro, quen considera que o PP "mostrou unha vez máis que non ten un mínimo de pudor en mentir a todos".

"E o grave non é que minta sobre min, senón que o fai diariamente sobre os recortes en sanidade, educación, sobre o paro, sobre os salarios, sobre emigración...", engade antes de sentenciar que "cada día que pasa quedan máis retratados".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

9 Fer

Pauliña resiste, o Partido Popular necesítate no parlamento de Galicia!!!

8 Anticapitalista?

O futuro de Paula Quinteiro está claro. Entrar nese paraíso dos liberados que é o BNG. Un territorio onde o máis importante non é outra cousa que o salario.

1 Claro ho

Que dis tio se os liberados do BNG aínda están pagando os pufos que deixastes os mareantes.

2 si ho

Eses pufos foron co voto a favor da Upjajajja

3 Bulide dunha vez

La culpa te será sempre de la UPJ, así Mareados Podemitas usade o voso carnet de deputados po la Marea para diferenciarvos da plebe e poder facer actos vandálicos, ter coches sen asegurar e sen pasar a ITV, falsificar os vosos currículums, encubrir a pederastas e acosadores, insultar e faltarlle o respeto o voso portavoz... deixastes a Galicia sen representación nas institucións con falsas promesas. Sodes o mellor do mellorciño pero nada seguide culpando o BNG de todo que así nos vai.

4 Claro

Si ho a débeda contraeuna todo o BNG, pero que os mareantes escapasen con actas e botasen un par de anos sen pagar á organización que os puxo pois varias decenas de miles de euros ou máis tamén costou. Pagáronos os pringados que ficaron pero vos tede a decencia de non mencionalos aínda por riba

5 sermos mantidos

O grande interese do BNG: a pela que lle prestaron na banca!!! A prioridade da Marea de Podemos: o que pillan de diñeiro público polos carguiños!!! Sabido quen é a mafia do PPsoE, que Ciumarranos son o Ibex, está moi ben asistir ao que de verdade preocupa no BNG e nas Mareas de Podemos: chupar. Por certo, Paula Quinteiro dimisión, como exemplo de deputada que se mantén pola graxa!

7 Bernardo

E logo porqué vai dimitir ,Faraldo e Fürer? Por que o digasdes vos ou a Vox de Galicia?Feitos? Por ensinar o carnet de parlamentaria?Como non presentedes outras probas ...

1 M. Vila

Para que amosa o carnet de deputada? A altas alturas da madrugada, chega a policía requerida por un veciño, logo da ruptura de espellos, e ela aparece con carnet na man para protexerse, diferenciarse, marcar casta? Ser privilexiada, aforada ou protexida aquí como se traga? Lembra a casta de Aguirre e Cifuentes aparcando en zonas prohibidas, zafándose da policía, borrando expedientes... Paula Quinteiro é deputada polas Marea, aquí é onde debe estar... E non asiste as asambleas, fai boicot na cafetería do lado. Pois non é parlamentaria por Podemos nin por Anticapitalistas, aquí non se presentaron, tampoco importa se é dunha secta política ou do Celta, aquí vai por En Marea e debe tender contas. E fai boicot, con Dopico e Balsa, noi animada, mentres cantan "Villares, hijo_de_puta"? E aínda hai quen a defende! Paula Quinteiro fede a rancio!

6 Bernardo

Moi ben Paula. Non se pode calar nestes casos.A ver se non se pode andar pola rúa por se che imputan un delito que non cometes.Só faltaba.

5 en reich ein furher

o circulo do foro de militantes secretos do podreiros da cidade mareante de santiAGE de componendas, presenta o seu transacordo parlamentario para favorecer o achegamento do marea da coruña (marea da marea) para que "haxa paz" e que mellor solución si o partido instrumento proclama coma rei do podreiros a sua excelencia catedralicia (xuriconsulto de de dereitas) o grandísimo JOSE MANUEL -VIEIRAS, enton todo vai ter arranxo, un partido instrumento e un xefe que toque o instrumento, a vosa sacerdotisa de virobah non esta capacitada, xa basta de gamberradas, xa basta dos tristes sucesos da politicastria que tanto danaron o alcalde en funcions, non todo poden ser filosofías e o momento da acción da absorción, o líder Waldo das Jons xa deu a autorización todo par o vello...