A Xunta sinala que a prevalencia do xogo patolóxico en menores mantense "estable", pero actualizará a normativa

Así o traladou o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares, en resposta a unha pregunta da deputada de En Marea Paula Quinteiro, que advertía do aumento "evidente" destas actividades nos últimos anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2019 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

O Goberno galego trasladou que a prevalencia do xogo patolóxico en menores mantense en niveis "estables" desde o ano 2012, e que en 2017 situábase no 1,6 por cento da poboación maior de 15 anos e do 2,5 por cento en idades de entre 16 e 24 anos. A pesar diso, asegurou que continúan traballando nunha Actualización da normativa básica para mellorar as medidas de protección dos usuarios e, sobre todo, dos mozos.

Así o trasladou o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares, en resposta a unha pregunta da deputada Paula Quinteiro, de En Marea, que advertía do aumento "evidente" destas actividades nos últimos anos e que "moitos menores" acceden a casas de apostas e a prácticas de xogos de azar.

Neste sentido, criticou a "irresponsabilidade" da Xunta e a contradición nas súas declaracións, advertindo de que estas empresas reciben beneficios "millonarios" á conta de "arruinar vidas e familias enteiras", mentres o vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, fai afirmacións como "se ao xogo vaille ben, tamén lle vai ben a Galicia".

Por iso, esixiu que se tomen medidas tanto en materia de prevención como de "limitación da publicidade" deste tipo de sitios, ademais do espazo físico entre casas de apostas e outras cuestións e problemas de carácter estrutural (como os problemas para chegar a fin de mes) "que son o caldo de cultivo" para o desenvolvemento destas adiccións.

O responsable autonómico asegurou que a porcentaxe de persoas con problemas de xogo "é menor hoxe que fai 15 ou 20 anos" e que Sanidade coordina e cofinancia actividades de prevención de trastornos aditivos, cun investimento de 8,9 millóns entre 2012 e 2019 en 11 convocatorias específicas.

Galicia conta con 21 unidades que atenden a pacientes con trastorno aditivos, dos que o 1,6 por cento presentaban ludopatía en 2017, mentres que 300 persoas reciben axuda anualmente na rede galega de asistencia por este tipo de problemáticas.

Máquinas de xogo recretativas
Máquinas de xogo recretativas | Fonte: juego.es


MELLORA DA NORMATIVA

Ademais de cursos para identificar este tipo de condutas na poboación infantil e xuvenil, entre outras iniciativas, Paz-Ares, aclarou que a normativa vixente xa fixa unha distancia "mínima" de 150 metros de establecementos de xogo e centros de ensino a menores de 12 anos, controis de acceso a casinos e casas de aposta e un réxime sancionador que inclúe infraccións "moi graves" que se sitúan entre os 18.000 e 100.000 euros.

A pesar diso, asegurou que a próxima edición da Estratexia Galega de Adiccións incluirá medidas específicas para combater o xogo patolóxico e os problemas relacionados con Internet e o TIC, e que tamén se abordará na revisión da carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas.

Finalmente, lembrou que o Goberno está a traballar no marco da Comisión de Xogo na actualización da normativa vixente nesta materia, que incorporará tanto as recomendacións oportunas para reducir a carga sociosanitaria que provoca este problema como outras medidas de protección dos consumidores e dos menores sobre servizos de xogo en linea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta