A dimisión de Merlo non restará peso a Podemos no grupo de En Marea se Hermida renuncia ao escano

O candidato ao que lle correspondería a acta ratifícase na súa renuncia e advirte de que o deputado que asuma a acta ten que apostar polo proxecto común. A seguinte na lista é Julia Torregosa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2018 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

A dimisión de todos os seus cargos do deputado e secretario de Organización de Podemos Galicia, Juan Merlo, non suporá a diminución de peso da formación morada dentro do grupo parlamentario de En Marea se se ratifica a renuncia anunciada de Xoán Hermida, o seguinte na candidatura.

Xoán Hermida, Marea Pontevedra
Xoán Hermida, Marea Pontevedra | Fonte: Europa Press

Xoán Hermida, que procede do espazo político ecosocialista e que foi coordinador de Marea de Pontevedra, asegurou este xoves que el renunciaría á acta de parlamentario autonómico no caso de que a deputada Paula Quinteiro, implicada nun incidente coa Policía Local na madrugada do 18 de marzo durante un control nocturno por mor dunha denuncia por vandalismo, presentase a súa dimisión como el opina que debería facer.

É máis, para Hermida, que ocupou o número seis da lista de En Marea por Pontevedra nas eleccións autonómicas de 2016, quixo pór o listón "ético" na súa actuación, xa que el fixo ese anuncio despois de que transcendese unha multa de tráfico na que, supostamente, enfrontouse ao axente.

Xoán Hermida dimitiu hai sete meses do seu cargo como coordinador en Marea Pontevedra debido a que as súas "obrigas profesionais e persoais" non lle permitían "atender ese posto".

Neste escenario, a seguinte en entrar sería Julia Torregosa, tamén do núcleo de confianza da actual secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, xa que ocupa a responsabilidade de educación na formación morada.

Juan Merlo
Juan Merlo | Fonte: En Marea.

RATIFÍCASE PERO LANZA UNHA ADVERTENCIA

Xoán Hermida manifestou que se "ratifica" nas declaracións ofrecidas en rolda de prensa o xoves, nas que fixo o mencionado anuncio, á vez que considerou que Paula Quinteiro segue tendo que asumir "responsabilidades" despois do ocorrido.

"As miñas palabras son as de onte (por este xoves)", aseverou Xoán Hermida, quen dixo que, cando lle chamen, actuará "en consecuencia". "Eu quero pór o listón moi alto", defendeu o membro de Marea de Pontevedra e candidato nas pasadas autonómicas.

En todo caso, Hermida lanzou unha mensaxe de advertencia: "Considero que quen entre (no Parlamento) ten que defender o proxecto de En Marea e pensar no proxecto que asinaron".

Precisamente, en días pasados a secretaria xeral de Podemos Galicia deu por fracasado o proxecto de En Marea como partido instrumental (irrompeu con 14 deputados no Parlamento como segunda forza política a primeira vez que se presentou) e apostou polo modelo da coalición para as eleccións, ao estilo da alianza que a formación morada ten en Cataluña cos comúns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Cifuentes

Paula Quinteiro resiste, no PP e no BNG precisámoste para ter argumento contra as Mareas de Podemos. E de Hermida, non se preocupar, sempre pode montar unha ONG ou un hotelito, ten experiencia nos negocietes.

3 Te lo juro ante notario

Así que non é seguro que Hermida que "renunciou" onte, vaia renunciar.

2 JAJAJAJAJAJAJAJ

"SE HERMIDA RENUNCIA AO ESCANO" ¿E LOGO, ESTAO REPENSANDO? JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJ ai que me mexo. Dios, sería a acción política mais rastreira, patética, cínica, bochornosa e impresantable da década. Con grande diferenza. Pa-lo-mi-tas-de-ma-iz

1 galego

Como va a dimitir Quinteiro ?? de que vive, os cartos tentan ao demo

1 falar sen cancelas

E vivira da súa praza de enfermeira, digo eu. O falar non ten cancelas. Podes ver a súa nómina de antes de entrar no parlamento no seu facebook