A consulta sobre o futuro da deputada Paula Quinteiro celebrarase o día 22

A pregunta que a dirección de En Marea exporá aos inscritos será: "Consideras que Paula Quinteiro debe dimitir do seu cargo como deputada do Parlamento galego polo uso da súa acta de deputada para un asunto particular?". Os resultados coñeceranse dous días máis tarde.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2018 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

A consulta ás bases sobre o futuro da deputada de En Marea Paula Quinteiro celebrarase o vindeiro martes 22 de maio se o Consello das Mareas, órgano máximo de dirección do partido instrumental, dá o visto e prace á proposta de regulamento da votación nunha reunión telemática que terá lugar este luns.

Paula Quinteiro e Luís Villares, nunha foto de arquivo de En Marea
Paula Quinteiro e Luís Villares, nunha foto de arquivo de En Marea | Fonte: Europa Press

Os 35 membros do Consello están convocados o vindeiro luns 14 a participar nunha votación a través de Telegram para referendar o regulamento da consulta non vinculante que pedirá a opinión dos inscritos de En Marea sobre o futuro de Paula Quinteiro, a parlamentaria que a mediados do pasado mes de marzo se viu envolta nun altercado coa Policía Local de Santiago de Compostela cando realizaba un control por vandalismo.

Deste xeito, na proposta de regulamento da consulta establécese que as votacións se abrirían ás 10,00 horas do día 22 e concluirían 36 horas máis tarde, o mércores 23 ás 22,00 horas. Á primeira hora do xoves 24, os resultados faríanse públicos.

A pregunta que a dirección de En Marea exporá aos inscritos será a seguinte: "Consideras que Paula Quinteiro debe dimitir do seu cargo como deputada do Parlamento galego polo uso da súa acta de deputada para un asunto particular?".

Así, as persoas que queiran participar na consulta deberán figurar como inscritos de En Marea. O censo permanecerá pechado a partir das 23,59 horas deste domingo 13 de maio.

Así mesmo, na proposta de regulamento, a dirección de En Marea tamén establece que as votacións se realizarán de maneira telemática seguindo o mesmo procedemento que en anteriores procesos internos e utilizando o censo de inscritos na súa plataforma 'Medrando', onde figuran, neste momento, preto de 2.400 persoas.

Ademais, tamén informa que se remitirá ás persoas que figuren neste censo a "información e explicación dos principios e preceptos" que motivaron a convocatoria desta consulta por parte do Consello das Mareas, así como o escrito da propia Paula Quinteiro "cos argumentos que desexe".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

6 Morgana dende o Averno

Propoño o 31 de febreiro ou o 28 de decembro. Por certo, é unha mágoa que sigades a permitir insultos machistas como o da "Poltrona". Creo que os xornalistas deberiades estar máis comprometidos na loita contra os micromachismos. En calquera caso, xa resumo aquí a miña mensaxe ao caro Comunista In??dependentista (dependentista das ordes de Madrí e moito): pois iso, que volva un pouquiño ao traballo e así aínda vos defende mellor. A tomar o pelo a quen vos ature: os vosos sufridos ou cándidos votantes!

1 comunista independentista

Moi ben, Koĺlona. Pero dos centos de comentarios machistas, misóxinos e clasistas que se levan publicados por aquí sobre P. Quinteiro non dis nada. Cómo se che ve o plumeiro.

5 comunista independentista

Entre tanto lixo interesado, ás veces, emerxe un facho de intelixencia: https://luzes.gal/2018/05/11/paula-...

1 Hijo de p-ta

Para saber quen é Paula Quinteiro, por que non contas o do repugnante vídeo que apareceu na TVG, en La Voz e outros medios (aínda o podemos atopar na rede, nun medio da caverna, certo, pero os feitos están á vista: https://okdiario.com/espana/galicia... ). Ver este vídeo deixa Ben claro quen é Paula Quinteiro e a quen tapas ti!

2 Desgobernado competente

Pois ten merito Paula, consegue que la intelectualidad a defenda. Xa sacou o artigo no Pais tamen na sua defensa?

4 Gamela

asunto particular? estes xuíces metidos a demócratas están parvos?

3 pantalla dixital

E vosoutros os abstuvisteis, sodes acaso mentirosos oficiais en todo iste problema do parlamento cando ela e deputada do partido podreiros e non do partido marea, que foi constituido por Waldo das JONS a instancias do vello, si votan non o xuiz villano tera que irse o mellor e votar non, anque os elementos anarquizantes anden escachando coches polas ruas, o que estades pedindo e que ten que ser publico o de deputados e non do representante do que se senta no butacón, si non dimite enton villano fora e a ela pasala o grupo mixto como xa fixo o AGE coa deputada "Carmen la roja"- isto polo tanto non é anecdótico sinon fundamento do funcionamento da marea do age do podreiro anovizante IRAN TODOS PARAR O GRUPO PISTO ... en Ourense xa dimitiu un-ha deputada da marea de Ourense no concello, polo tanto non e nada raro...

2 chindasvito

Non sei si apuntarme a EM só para poder votar que se vaia esa muller.