Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2019 | Actualizada ás 14:42
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, asegurou que a Xunta "está e segue á beira" das traballadoras de Unitono preguntada polas deputadas do BNG e Común da Esquerda Noa Presas e Paula Quinteiro sobre a xestión en relación coa deslocalización dos servizos de Naturgy e o futuro da compañía en Ourense.
Para Presas, o Goberno galego obtivo "cero éxitos" nas súas xestións, mentres que Quinteiro recriminou que "nunca" tomase "ningunha medida en firme" para "solucionar a situación" de 130 traballadoras que levan "meses solicitando o amparo do Goberno".
Pola súa banda, Toca subliñou que esta situación "recibe toda" a súa "atención e compromiso de colaboración e medidas de salvagardar o emprego en Galicia". "Estamos e estaremos a facer todo o que estea ao noso alcance", comprometeu.
A continuación, relatou os "pasos dados" e remitiu ás palabras do conselleiro de Economía no pleno, citando as 15 reunións e o "contacto permanente" que manteñen, tanto con Naturgy, á que transmitiron a súa "total desconformidade coa actuación", como coa nova empresa, "que fixo saber a vontade de reconducir a situación".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.