Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2019 | Actualizada ás 19:19
A deputada de En Marea Paula Quinteiro chamou a trasladar "aos 365 días do ano" as reivindicacións que o pasado venres empurraron ás rúas a decenas de miles de persoas para reclamar igualdade, e así evitar que o 8 de marzo quede relegado a "unha data illada no calendario".
A parlamentaria destacou que o "éxito" das mobilizacións deixa "sensacións contraditorias", pois nas 48 horas posteriores ao 8 de marzo se produciron tres asasinatos de mulleres, dúas delas galegas.
Por iso, tras trasaldar o seu pésame e o do Grupo de En Marea aos familiares e achegados das vítimas, Quinteiro resaltou que o Día da Muller "non pode quedar como unha data illada no calendario, a perspectiva de xénero debe estar presente os 365 días do ano de maneira transversal".
Así mesmo, censurou a "actitude cínica" do Partido Popular que, mentres as súas deputadas secundaban a folga feminista do pasado venres, desde a Xunta "impuña uns servizos mínimos abusivos" mesmo despois de que, ao longo do pasado ano, os tribunais condenasen á Administración autonómica polos servizos mínimos fixados na convocatoria do pasado ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.