Villares di que para En Marea ninguén sobra logo da marcha do alcalde de Teo

O portavoz evita pronunciarse sobre a consulta pero apela á "responsabilidade" de Paula Quinteiro "unha vez escoitadas as bases".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2018 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, volveu a evitar pronunciarse acerca da consulta realizada sobre a continuidade da deputada Paula Quinteiro e, como xa fixo o pasado xoves --día no que coñeceron os resultados do plebiscito--, remitiuse ás explicacións que ofreza a Coordinadora do partido instrumental.

Luís Villares en rolda de prensa
Luís Villares en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Este venres, un día despois de que Quinteiro desatendese, como xa anunciara, o veredicto das bases de En Marea que reclamaron a súa dimisión nunha consulta convocada pola dirección que o sector crítico rexeita; Luís Villares non quixo comentar se a cúpula do partido instrumental estuda emprender outras vías para forzar a marcha da parlamentaria que se viu envolta nun incidente coa policía a mediados de marzo.

"A única medida a adoptar é apelar á responsabilidade unha vez escoitadas as bases", comentou Villares, que até en tres ocasiones remitiuse a que será a coordinadora (que equivale á executiva dun partido clásico) quen se encargue de comentar o relativo ao caso da parlamentaria.

Villares tamén se referiu á marcha de En Marea do rexedor de Teo (A Coruña), Rafa Sisto (Anova-Son de Teo), que denunciou que o "proceso inquisitorial" emprendido pola dirección do partido instrumental contra Quinteiro foi a "pinga que bordou o vaso" dunha deriva na que cre que En Marea se afastou dos "principios" e "obxectivos" cos que naceu hai case dous anos.

Cuestionado sobre este asunto, Luís Villares indicou que na actualidade en Galicia "só hai dúas opcións antagónicas encima da mesa": o "proxecto" de En Marea da "rexeneración política e social" fronte ao "barco pirata do saqueo" que representa o PP. "Pensamos que no noso barco da dignidade non sobra ninguén", comentou Villares.

"O PROCESO ESTÁ PECHADO"

A viceportavoz de En Marea, Ana Seijas, incidiu este venres en que para a dirección do partido instrumental o "proceso" de Paula Quinteiro está "pechado" logo da celebración da consulta que apostou pola súa marcha e que, agora, é a deputada quen "ten que asumir responsabilidades".

"Esperamos que reflexione, que asuma as súas responsabilidades e mostre madurez que é necesaria en política e coa que dixemos que transformariamos a sociedade. Quinteiro debe reflexionar sobre o que lle dixeron as bases, que son as persoas que nos elixiron", remarcou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

7 Para o calvo da Ciga

A min no me cheira a cadaver. Cheirame a chamusco e a kk de liberado. A lei eleitoral é a que é. E de romper coalicións, nanai de la China. Son coma meus pais, pejan coma cans, pero o de separarse e cada un polo seu lado, nadiña.

6 Pondaliao

Canto antes dean por finiquitada o enxendro desta coalición, mellor para Galiza

5 Bloqueiro simpatizante

Lendo a entrevista a Beiras nun xornal vasco... Recoñece que xuntarse con IU e Podemos non deu resultado, que En Marea vai desfacerse e remata dicindo que a culpa de todo foi do BNG por non xuntarse a eles!!! Se se xuntara acabaría coma eles. En fin, sen rencor, é tempo de admitir erros, reconciliar e crear un proxecto soberanista para os próximos 30 anos

1 Pondaliao

Pon o enlace da entrevista, se fas o favor. Grazas

3 O que queda do BNG

Por suposto: O futuro é voltar ao pasado. Ir cara atrás no tempo a aquela Galiza na que PP e PSOE se repartían o pastel e lle deixaban o BNG as migallas suficientes para manter o seu chiringuito de liberados eternos. Moi revolucionario todo.

4 Errejoner

Qué desastre, qué mal todo.

4 Bernal Calvo Delaciga

Villares cheira a cadáver. Rodeouse da xente da pior calaña para trepar (conspiradores de Cerna --os mesmos que se cargaron AGE--, trepas de Somos Quen, tránsfugas de Máis Alá...) e agora está de lixo até o pescozo. Quen mal anda, mal acaba. Ogallá aínda se poida recuperar En Marea para a xente, do contrario voltaremos cara atrás á Galiza gris e sen futuro do PPsoEBnG.

1 Ides recuperar moito

E cando foi En Marea da "xente" se sempre estivo ao servizo dos catro liberados e oportunistas eternos. Mellor seguide así xestionando tan mal como os vosos amigos de PPSOEC's e pelexandovos entre vos que é o único que sabedes facer

3 Arcade

Estimado Villares, está vostede seguro? Non sobran Duarte, Balsa, Quinteiro, os maleducados de Cheira e os rupturistas de espellos? Son precisos os teledirixidos como Pam, Carmen Santos, Julia Torregrosa, Merlo, Barahona, Luca Chao, Angeles Cuña, Solla, Yolanda? Ou cómplices como Antón Santos, Ferreiro e Martiño Noriega? Considérase seguro con estas compañías? Son de fiar? ... Agardo un camiño de rosas para En Marea, se vostede acerta. Claro que, se os malpensados somos os que acertamos, non nos volte a pedir axuda: o mínimo, por dignidade, é non deixarse enganar de novo polos trepadores!