GC Aberto

De deslealdade e aristocracia partidaria

Resulta moi curioso o concepto de lealdade que teñen algúns deputados e deputadas de En Marea, e como inscrita me parecen insultantes certas actitudes e accións, por iso creo que cómpre aclarar certos puntos:

Por BGG | Boiro | 28/09/2018

Comparte esta noticia

En Marea naceu, e así consta nos documentos fundacionais, como un proxecto político de adscrición individual, onde as bases, e non as cúpulas dos partidos, toman as decisións. Cando se presentaron, tódolos deputados e deputadas sabían que de ser escollidos, despois de que a xente, votando democraticamente depositara a súa confianza neles/as, ían ser deputados e deputadas de En Marea, como partido instrumental, como proxecto político, pero en ningún caso como partido clásico ou como coalición de partidos.

Asemblea de En Marea
Asemblea de En Marea

Todo semellaba estar claro, mais comprobamos que hai organizacións ás que non lles gusta someterse á democracia radical das persoas e prefiren os atallos partidistas e a unilateralidade cupular, que lles permiten beneficiarse do conxunto do espazo sen traballar para el e incluso atacándoo, á bidireccionalidade asemblearia de base, actuación bastante cuestionable para quen se autonomea adalide da nova política.

Non é ningún segredo que deputadas como Carmen Santos, Eva Solla ou Antón Sánchez cuestionan o proxecto de En Marea e ao seu voceiro cada vez que teñen ocasión. E isto é moi significativo porque o fan dende atrís de En Marea, con logos de En Marea detrás, coa proxección mediática que lles da ser deputados/as de En Marea, o que resulta un verdadeiro insulto ás persoas que apostamos polo proxecto de En Marea e unha inmensa falta de lealdade ao proxecto.

O voceiro de En Marea, pola súa banda, nunca tivo malas palabras nin desplantes cara esas mesmas persoas que cargan a diario contra o proxecto e a súa posición como voceiro, tentando sempre velar pola integridade do espazo e pola lealdade ás bases e ás súas decisións.     

Como se fora un chascarrillo de mal gusto, o propio Antón Sánchez, como voceiro de Anova, esixía lealdade ás súas bases fai uns días, como se as bases tiveran que manter a lealdade aos seus voceiros e non ao revés.

Este escenario ten unha parte moi positiva, que é que cadaquen vai quitándose a careta e amosando as cartas:

Tras un plenario no que as bases decidiron que En Marea fose “paraugas” das candidaturas municipalistas que o precisaran, comezou o “xogo de tronos” das cúpulas: Primeiro coa “mesa de confluencia”, un chiringuito co que pretendían volver a escenarios xa pasados, onde facían saltar polos aires tódolos principios de En Marea: a adscrición individual, o poder das bases, etc. para facer e desfacer entre 3 ao seu antollo. Saiulles mal, e agora ao que xogan é a buscar alianzas (entre cúpulas de partidos, claro, a xente elles o de menos) para chegar por tódolos medios a un escenario de coalición no que estean Anova, Podemos, Esquerda Unida...

Ese é o concepto de lealdade que teñen algúns deputados/as co proxecto, cos compañeiros e compañeiras (seguimos lembrando ese xantar de autobombo onde mentaban entre risas á nai dun compañeiro) e o máis relevante: coas persoas que os/as puxemos onde están. 

Ese concepto de “lealdade” ao proxecto tense amosado en numerosas ocasións cando se abriron procesos participativos (dende plenarios a xuntanzas e encontros), nos que certos deputados, deputadas, dirixentes de partidos, etc. non se achegaban, nin para facerse a foto de rigor, amosando de novo o desprezo que teñen cara a xente que os/as elixiu e que si participa e se preocupa polo proxecto e polo futuro do país.

Con isto presente, que neste momento o Grupo Parlamentar, onde esta xente desleal ao proxecto ten a maioría, saque un comunicado apoiando a actividade de Paula Quinteiro é algo infame e bochornoso, pois o que deberan facer e amosar lealdade ao milleiro de persoas inscritas que na consulta votamos para que Paula Quinteiro asumise responsabilidades por facer uso da súa condición de parlamentar e cando menos, deixar de insultar as decisións das bases, pois así o que conseguen e seguir a mesma estratexia que emprega o Partido Popular cos servizos públicos: denostalos ata que pareza que non funcionan para logo ter a excusa para privatizalos. Pois ben, hai deputados e deputadas que teñen por obxectivo desprestixiar En Marea diante da opinión pública para despois artellar a súa coalición á forza.

Lamento moito dicirlles que non nos resignamos, pois en En Marea deciden as persoas, non as cúpulas dos partidos.   

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 defraudado

Esqueciches uns cántos detalles, Que habia unha candidatura de concenso para constituir o concello e a coordinadora de En Marea, e Que Sr Villares, Sr Gonzalo, Doña Peque e Doña Victoria, se saltaron á torera e transfugaron para aliarse con os de Cerna e Somos Quen ( que monta tanto), para destruir o espirito de ENMAREA. Polo tanto BGG, abre os ollos e preguntalle por que defraudaron aos que lles votamos.