Villares, a IU e Podemos: "Ninguén a 600 quilómetros pode impor como se presenta cada marea"

Avisa ao Grupo Confederal de Unidos Podemos que a súa "estratexia non pode ser unha escusa para que as prioridades galegas queden postergadas". Defende eleccións en Galicia se Feijóo marcha a Madrid porque a xente o elexiu a el e non a un "presidente imposto".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2018 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, reivindicou a soberanía e independencia de cada marea municipalista para tomar decisións de cara á configuración de candidaturas nas eleccións locais do próximo ano. "Ninguén a 600 quilómetros pode impor de que forma se presenta cada marea ás eleccións", asegurou en referencia ao pacto entre IU-Podemos a nivel estatal, que establece que as alianzas se realicen en formato de coalición e co nome elixido por estas organizacións fóra de onde existan "marcas" consolidadas.

Luís Villares na Radio Galega
Luís Villares na Radio Galega | Fonte: Europa Press

Fíxoo nunha entrevista este domingo na Radio Galega na que apuntou que se algunha marea "quere ir en coalición é moi libre" de facelo, pero, a continuación, incidiu en que en que non se vai a marcar desde fóra "nin o nome da papeleta nin a forma en que se presentan".

Villares cualificou de "desafortunadas" as declaracións do secretario de Organización de EU, Rubén Pérez, nas que tachou de "partido ornamental" a En Marea, á vez que avisou que "os que teñan intención de baixarse" do proxecto rupturista "van ter que dar moitas explicacións".

Pola súa banda, Carmen Santos, noutra entrevista,  ridiculizaba a oferta de Cerna de crear unha fronte sen partidos e apuntou que o que "importa" é articular un "programa" común e fomentar a "unidade" das forzas da esquerda rupturista. A líder de Podemos defendía hai uns días a lista que a súa formación e IU queren impulsar candidaturas a nivel local.

CASO QUINTEIRO

Así mesmo, tamén en clave interna de En Marea, o maxistrado lucense volveu a apuntar que o caso de Paula Quinteiro, a deputada de En Marea que se viu envolta nun incidente coa policía, está pechado, polo que admite que "se ela o decide, seguirá" no seu escano a pesar de que a dirección e os inscritos de En Marea piden que dimita.

Con todo, Villares lanzou unha mensaxe dirixida á súa compañeira no Pazo do Hórreo: "Cando chegue o momento e haxa outras primarias para volver escoller cargos de representatividade serán as inscritas e os inscritos os que dirán se unha persona con ese comportamento debe revalidar na representación pública en nome de En Marea".

PAPEL DE EN MAREA NO CONGRESO

Así mesmo, Luís Villares defendeu que o cinco deputados de En Marea no Congreso, integrados no Grupo Confederal de Unidos Podemos, foron "determinantes" para que saíse adiante a moción de censura contra Rajoy.

Neste sentido, remarcou que os parlamentarios de En Marea deben ter un papel relevante dentro do Grupo Confederal, cuxa "estratexia non pode ser unha escusa para que as prioridades galegas queden postergadas". "Nós non estamos dispostos a consentilo", engadiu.

ELECCIÓNS SE SE VAI FEIJÓO

Villares defendeu a súa postura de que "o normal" no caso de que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, abandone a Xunta para relevar a Mariano Rajoy á fronte do PP nacional sería a convocatoria de eleccións, algo que non comparte o sector crítico coa dirección política de En Marea, como explicitaron o pasado sábado ao termo da reunión do consello político do partido instrumental.

Deste xeito, o portavoz rupturista entende que o adeus de Feijóo á Xunta suporía un "fin de ciclo político" que, ao seu modo de ver, debería ir acompañado dunha cita coas urnas porque o popular centrou a súa campaña electoral na súa persona.

Así, cre que "a xente está farta do PP" e a convocatoria de eleccións constituiría unha oportunidade para a "translación" a Galicia do "estado de alegría" aberto a nivel estatal após o triunfo da moción de censura que supuxo o fin da etapa de Mariano Rajoy en Moncloa.

"Se hai un cambio de ciclo, como parece que vai haber coa marcha de Núñez Feijóo, o normal é que ese cambio de ciclo non veña seguido dunha interinidade onde se poña un presidente que ninguén escolleu", dixo Villares, que, a continuación, teorizou con que ese escenario de interinidade sería "lícito en termos constitucionais" pero "non" en "termos políticos".

"O normal en termos políticos é que se hai un punto e aparte, a cidadanía sexa protagonista de dar ese punto e aparte", remarcou o maxistrado en excedencia, que pon como 'deberes' a Pedro Sánchez en Galicia a articulación dun modelo de financiamento autonómico que permita que os mozos galegos emigrados "poidan retornar".

Ademais, reclama ao novo Goberno socialista a execución do Corredor Atlántico ferroviario, a transferencia "inmediata" da AP-9, un traspaso que, ao seu xuízo, podería estar listo "se hai vontade política" antes de que conclúa o ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

14 Centroeuropeo

Os mal chamados críticos non queren franquicias de En Marea nos concellos, pero non lles importa seren eles franquicia de Podemos-IU. Que mágoa ANOVA, constantemente humillada e ninguneada polos seus compañeiros de "unidade popular" teledirixidos desde Madrid, pero que prefiren ese bulling a sentaren arredor dunha mesa cos seus antigos compañeiros de Cerna, Abrente, CxG, etc. Disque son de dereitas (Ferrín). E cando falará Beiras?

13 Villares, pelo e conveniencia

Pola mesma regla de 3 non se pode obrigar a un partido de ámbito estatal a non presentarse aquí coas súas siglas só porque tí queres os seus votos porque os teus sós non che chegan. Haberá que chegar a un acordo ou os cocientes vanvos dar ós dous partidos ata no carnet de identidá se vos presentades por separado. Pode que a algúns máis ca outros. ¿E qué dicir das eleccións europeas? Soiños os dous Villares e a da FPG coa carreira a medias na privada en Bruxelas. ¿Tamén Marea para iso? ¿Ou Marea so para o que a min me conveña?

12 Valdeorras Nazón

Estou de acordo. Ninguén pode decidir por nos a 200 km. Liberdade para Valdeorras

1 Richard Colhom de Lion

TÚ TÚ LEIS AGUS NÁ FHÁIL TÚ

2 unmais

¿Queres deixar un comentario?Como se poden dicir tantas parvadas sen que che caia a cara de vergoña?

3 Valdeorras Nazón

unmais, ti debes ser un centralista supremacista compostelán de birra, canuto e pub.

11 DIMISION DO MAREADO XA

gran fracasado: sodes xa prisioneiros da dinámica que marca o grupo de Waldo das JONS o coletas e do seu maiordomo o echemico, e o expañoleteiro "monedeuros" os girondinos errejonistas non contan, agora todo e contumacia, agora todo e veleno para o proxecto mareante, a COMUNISTA esixe obediencia os mandriles, agora xa sodes mamelucos de expaña, a cadea imprime carácter, sobre todo cando es obrigado a recoller a pastilla de xabon nas duchas do presidio, agora xa estades dentro do "caldeiro" de podreiros e ides ser cociñados a lume lento moi lento namentras escoitades as rectas de cociña fracasadas do gran gurmete o señor das –Vieiras - https://www.youtube.com/watch?v=vfc...

10 hector@sanchez

Luís Villares foi absolutamente claro na entrevista que lle fixeron este domingo na Radio Galega, e que Galicia Confidencial resume ben. As mareas municipalistas galegas unitarias son soberanas fronte a Podemos e EU. En Marea solicítalle unha entrevista ao presidente do goberno para expor as necesidades de Galicia. Se Feijóo preséntase como candidato pecha o ciclo en Galicia e o PP debe convocar eleccións. E o grupo confederal de Unidos Podemos non pode obstaculizar as pretensións galegas.

1 Gamela

Marea de Vigo tamén é SOBERANA para seguir sentando no sillón do Concello a Rubén Pérez (EU) ?