O crime do cura de Vilanova dos Infantes arquivado por falta de sospeitosos

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense confirmou o auto de conclusión de sumario sen procesamento ditado polo Xulgado de Instrución nº1 de Celanova no caso do crime do párroco de Vilanova dos Infantes.

Por E.P. | OURENSE | 28/06/2018 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense confirmou o auto de conclusión de sumario sen procesamento ditado polo Xulgado de Instrución nº1 de Celanova no caso do crime do párroco de Vilanova dos Infantes. Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a Sala confirma desta maneira do sobresemento provisional da causa, ao entender que se practicaron "todas as dilixencias pertinentes para o esclarecemento dos feitos".

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense | Fonte: wikipedia

A pesar diso, o xulgado de instrución entendeu que non existen indicios suficientes para "poder dirixir a acusación contra sospeitoso algún". O párroco de Vilanova dos Infantes, Adolfo Enríquez Méndez, foi asasinado en marzo de 2015 no transcurso dun roubo no que desapareceu a diminuta talla da Virxe do Cristal, unha das imaxes relixiosas máis pequenas do mundo.

A pesar de que nun inicio foron detidos dous sospeitosos, a instrución non atopou probas suficientes para inculpalos e en xaneiro a xuíza de Celanova ditou un auto no que se sobreseía a causa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta