As fotos da discordia e o video probatorio

GC publica un vídeo en exclusiva sobre a presencia de Rajoy no barco Moropa. Feijóo evita pronunciarse sobre isto, refírese a Jacinto Rey como "malas compañías" e acusa ao PSOE de utilizar a "insidia, a difamación e a manipulación" para facer política.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 07/04/2011 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

Hai agora pouco máis de dous anos, o 24 de febreiro de 2009, e antes das eleccións autonómicas que o catapultaban á Presidencia da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, instaba ao entón vicepresidente, Anxo Quintana, a que dera explicacións públicas por unhas fotografías na que o ex líder nacionalista aparecía nun iate xunto co empresario Jacinto Rey.

"Este tipo de comportamientos necesitan, como mínimo, una explicación política pues el comportamiento de Bermejo con Garzón conllevó el cese del ministro. El comportamiento de Quintana con un empresario necesita alguna explicación de la misma intensidad que la de Bermejo", dixo entón Feijóo en declaracións a Onda Cero. E apuntaba, "nada tengo en contra de un empresario, pero, este empresario ha tenido una adjudicación potentísima", dicía en relación ao primeiro reparto eólico do bipartito, logo modificado pola actual Xunta.

None

Preguntado por GC sobre esta cuestión, Feijóo intentou xustificar as súas declaracións de hai dous anos asegurando que ás manifestacións do PSdeG, socios de goberno do BNG, eran peores. "Sobre a foto creo que, as persoas que non teñen xa cargos na Xunta merecen o meu respecto, e non vou a recordar o que se dixo por parte de membros do goberno sobre esa foto".

Jacinto Rey, "malas compañías"

Así, lembrou que "a primeira reacción foi á da Xunta de Galicia, a reacción dos membros do goberno sobre unha foto do seu vicepresidente. E a do PP foi bastante máis educada e responsable que a doutros membros do goberno". Por iso, insistiu en que o que fixo foi pedir explicacións polas "malas compañías", en alusión ao empresario Jacinto Rey, coas que estaba Quintana. "O único que se dixo desa foto foi que, se o goberno non se podía fotografar con malas compañías, que o lóxico era que o líder da oposición pedira explicacións sobre esa foto".

Balóns fora

Sen embargo, e ante unha foto similar, a do líder do seu partido, Mariano Rajoy, no barco dun clan de presuntos narcotraficantes de Arousa, o Maropa, o xefe do Executivo galego botou balóns fora e, en vez de pedir explicacións, o que fixo foi atacar ao PSdeG por "non pedir desculpas" ao conselleiro de Medio Ambiente e Política Territorial, Agustín Hernández, que acaba de ser exculpado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O alto tribunal galego imputárao logo dunha querela  presentada polo PSdeG debido á certificación dunha obra que estaba sen acabar durante a súa época como director da área de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra. "Cando poñen en dúbida a honorabilidade dunha persoa dese xeito o que teñen que facer é pedir desculpas publicamente", insistiu.

Por iso, e sen referirse á famosa fotografía de Rajoy, Feijóo acusou aos socialistas de practicar unha "deshonrosa oposición" desde que están na oposición en Galicia e reprochoulle ao secretario xeral do PSdeG unhas acusacións que fixo contra el hai unhas semanas. "O tipo de oposición de aí, aí non é a oposición que necesita Galicia", sinalou ao referirse ás palabras de Pachi Vázquez de que "Feijóo e o narcotráfico estaban aí, aí". O líder dos populares galegos insistiu en pedirlle ao PSdeG un "cambio de actitude" porque "ten un problema intrínseco". "Non se da conta de que coa insidia, a difamación e a manipulación non se pode facer política, nin cando se está na oposición nin no goberno".

Sospeitas

E é que os populares acusan aos socialistas de estar detrás da difusión das fotografías nas que se pode ver a Rajoy no barco dun clan de presuntos narcotraficantes e son moi críticos cos medios que decidiron publicalas; Xornal de Galicia e Público. Precisamente, estas instantáneas precipitaron a saída de José Luis Gómez da dirección de Xornal tras unha conversa entre o propio Rajoy e Jacinto Rey, dono do xornal.

Feijóo, ao igual que Rajoy, evitaron falar desta fotografía, aínda que, segundo recolle o diario Público de fontes populares, "Subirse al barco no estaba previsto ni formaba parte del acto. Era la única embarcación que había en aquel momento al principio del muelle y alguien sugirió que sería una buena idea fotografiarse allí".

Vídeo exclusivo

Sen embargo, e tal como demostra o vídeo que publica Galicia Confidencial en exclusiva, gracias, novamente, á contribución dos nosos xornais colaboradores, neste caso Cambados.tk,  Rajoy non só subiu ao barco para unha fotografía, senón para dar unha rolda de prensa.

Por iso chama a atención que o actual candidato a alcalde de Cambados polos conservadores foi oito anos  xerente da lonxa e que estivo con Rajoy no mesmo acto de campaña no que subiu ao Moropa, non lle advertira desta situación, como relata esta crónica de La Voz. Rajoy subiu ao Moropa durante un acto das eleccións europeas de 2009, acto centrado precisamente en reivindicacións do sector do mar. E é que polo menos, dende 2006, a prensa local falaba abertamente da vinculación dos donos do Moropa co tráfico de cocaína.

 

None
None
None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

2 Rodrigo di Posa

A que espera para dimitir?

1 KLAUS

GILIPUERTAS!

1 randolph hearst

Rajoy polo visto tamén anda reuníndose en barcos con malas compañías. Xa sabemos que os do PP nunca se reúnen con empresarios, que non se diga que os favorecen. Só se reúnen con narcotraficantes do clan dos Baúles, ahí é nada... Pero claro os do PP probiños eles quéixanse das campañas difamatorias dos medios. Qué medios?, señores do PP, se isto non saíu no 99% da prensa galega?. Estén tranquilos, que en Galicia, a situación está controlada, e os seus cartos lles costa por certo.

1 Porco Jones

Pero, como diría un do PP "votadnos, total son todos iguales". Está visto, que como en Revolta na Granxa "hai alguns que son maís iguais que outros"

2 pejigo?

"votadnos, si los políticos son todos iguales, pero a nosotros no nos gusta la política"

3 Loureiro

Non, señor Hearst, non diga "os seus cartos lles costa". A verdade é que "os NOSOS cartos lles costa". O paganini de todo isto somos vostede e mais eu, e estoutro, e o de máis alá. Non crea que paga o PP, non.