SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2018 | Actualizada ás 21:10 por EUROPA PRESS
O Consello da Cultura Galega dixitalizará e porá a disposición pública a través da súa páxina web o histórico semanario 'A Nosa Terra'. Esta iniciativa parte dun convenio de colaboración asinado este xoves entre a institución presidida por Rosario Álvarez e o presidente da Fundación A Nosa Terra, Afonso Eiré.
Segundo indicou o Consello da Cultura nun comunicado, o seu portal en Internet xa dispón dos primeiros 26 números da publicación xornalística que botou a andar en decembro de 1977 e desapareceu en 2011.
Rosario Álvarez destacou que 'A Nosa Terra' "acompañou á autonomía" de Galicia, polo que constitúe un "patrimonio" para "conservar e preservar". "Non só para os investigadores actuais, senón tamén para xeracións futuras", valorou.
Así, segundo o presidente da Fundación, o semanario "supuxo unha forma nova de facer xornalismo e tratar temas que até o momento eran marxinais na prensa, como os sociais, o ecoloxismo, o feminismo, o traballo ou os deportes".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.