PC City, estrea conflitiva en Marineda City

A cadea estréase no faraónico complexo comercial de A Coruña co anuncio da súa saída de España e censurando a un blogueiro que estaba a sacar fotografías. Julia Otero, sorprendida porque non se fale galego na inauguración.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 15/04/2011 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

A inauguración do local de PC City en Marineda City vén cargada de polémica. O mesmo día da pertura ao público do complexo comercial, a cadea de informática anunciou o peche das súas 34 tendas en España, o da súa sede central e o da súa páxina web de comercio electrónico. Medidas acompañadas por un Plan de Regulación de Emprego para os seus 1.224 traballadores, informa a axencia EFE . Este plan afectará aos tres establecementos que a marca ten en Galicia: A Coruña, Santiago e Vigo.

None

Estas medidas responden ao proceso de saída do mercado español que iniciou a compañía británica Dixon Retails, xustificada pola “progresiva caída do consumo, as perdas acumuladas pola cadea e os plans do Grupo para centrar a súa actividade en tendas combinadas de informática e electrónica".

Unha decisión que estraga a estrea de PC City no megacomplexo comercial e que se viu tinguida de máis polémica por un incidente cun blogueiro. No primeiro día de apertura do complexo, Galicia1 relatou a través da súa conta en Twitter o incidente que tivo con empregados de PC City. Tras percorrer boa parte de Marineda City e fotografar distintos locais, este bloguero bateu en PC City cun vixiante de seguridade ao que non lle gustou que estivese a tomar fotos: “Me acaba de parar el segurata de PcCity que no puedo sacar fotos. Han llamado a la policia”, comentaba nun tuit este bloguero, que continuaba dicindo: “Perdiendo el tiempo esperando a que venga la nacional por sacar fotos dentro de PcCity”. Alí presentouse tamén a encargada do establecemento, á que cualificou como “desagradable”. Finalmente, o incidente resolveuse en favor do blogueiro, segundo comentou en Twitter: “La policia nacional ha venido y me ha dado la razon. No hay ley alguna”.  E catro horas máis tarde, reiteraba: "La policia, como dice la ley, no me prohibió sacar fotos ya que no existe ninguna legislación que prohiba hacer fotos en espacios publicos".

“Nin unha palabra de galego”

A inauguración de Marineda City estivo marcada tamén por un conflito lingüístico. A xornalista Julia Otero, quen participou na campaña publicitaria de lanzamento deste complexo comercial, laiábase na súa conta en Twitter porque o galego foi excluído da inauguración oficial de Marineda City. A xornalista compartía cos seus 4.098 seguidores este comentario: “Me sorprende que en un acto social de esta envergadura no se diga ni una palabra en gallego”. Unha crítica que se agudizou cando a tamén xornalista Elisa Beni preguntoulle: “No falan?”. “Hablan... En la intimidad”, respondeu Julia Otero cunha clara alusión ao recordadísimo momento no que o ex presidente José María Aznar asegurou que falaba catalán “na intimidade”.

GC publicou hai nove días a denuncia de Prolingua polo "total desprexzo" dos xestores de Marineda City ao galego, lingua excluída da campaña promocional do complexo comercial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

10 Dieguito el Malo

Igual que en el Centro Comercial Colombo de Lisboa? Para qué ponen una creación artística en un espacio público si no quieren que luego se conozca? Acaso se estropea como los cuadros del Prado si se fotografia? No es más que el puro márketing del morbo que tiene lo prohibido para conseguir que luego se hable de ellas aunque no sean más que pura bazofia arquitectónia. Y que haya que estar molestando a las Fuerzas y Cuerpos de Deguridad para eso..gastar mis impuestos en eso pq un encargado y un personaje de "seguridad" no sepan hacer correctamente su trabajo...Qué pena!..

1 SARANDONGA

Tés toda a razón, unha vergoña. Así é como facemos país...

9 Roel

“Me sorprende que en un acto social de esta envergadura no se diga ni una palabra en gallego” Estimada Julia, vostede ven moi pouco aos actos sociais, charlas, conferencias, cursos, etc promovidos pola burguesía-empresariado galego. Alí daríase conta de que o galego é ninguneado. Ou o que é o mesmo: para ser un burgués culto catalán é imprescindible que saibas falar catalán, para que sexas un burgués-empresario galego é imprescindible que non fales galego. Isto vino por última a semana pasada nunha xornada impartida por un licenciado en organización empresarial da U. de Vigo cando fun eu o único que interviu en galego. Negacionismo e culto ao castelán e así nos vai.

8 xan

cosmopaletismo salvaxe! A verdade que estos dirixentes da Coruña herdeiros de Paco Vázquez son unha xeración perdida na súa incultura e desprezo ao Galego. Eu penso que irán desaparecendo pouco a pouco pero vai ser un proceso lento.Por sorte a elite cultural Coruñesa é moi galeguista. Cómo se pode ser dun sitio cómo Galicia e odialo? O ser humano non deixa de abraiarme.

1 Igualico

Pues lo mismo que se puede ser de un sitio como España y odiarlo.

2 el difunto del abuelico

Ningun español odia España. Sólo esos miserables habitantes de la periferia que se creen extranjeros. Gentes que ni saben hablar sus dialectos ni, por otra parte, manejan nuestro noble y antiguo idioma con propiedad. Fíjate que hasta hay algunos que dicen que España es un invento reciente... pero si esto ya era Hispania antes de la llegada de los romanos...Dios mio, pero esta gente es que no ve Antena3 !!!??? oink oink oink

3 xan

pois precisamente, Igualico, imaxínate que abren en Madrid un centro comercial no que todo está escrito en Inglés porque é o idioma do futuro. Pareceríache normal? Eu non quero que desapareza o Castelán pero obviar a existencia do Galego en Galicia non ten sentido. Apertas

7 Farruco

Marineda City: canto paletismo! Y se creen lo mas, o sea

6 tomy

No grupo "Non queremos que Marineda City marixen ao idioma galego" cada día somos máis. A que esperas para unirte? http://www.facebook.com/home.php#!/pages/Non-queremos-que-Marineda-City-marxine-ao-idioma-galego/209717512373769