En casa de ferreiro, coitelo de pau

Hai unhas semanas conversaba co responsable da Asociación española para a normalización (AENOR) acerca da situación das administracións locais ante a entrada en vigor da nova lei de protección de datos.

Por Arán Feijoo | Vigo | 09/08/2018

Comparte esta noticia

Que este setembro se supón que sen máis dilación entrase en vigor e que complementa a normativa europea respecto diso. Indícoume que as administracións locais por regra xeral non están preparadas para a aplicación desta norma que complementa xa outras existentes tales como o esquema de seguridade , unha serie de procesos de obrigado cumprimento que garanten as transaccións entre o cidadán e as administracións locais. Con todo coa normativa na man ditas administracións poden ser sancionadas pola propia axencia de protección de datos por non cumprir ditas obrigacións.

Casa do Concello de Verín
Casa do Concello de Verín | Fonte: Wikimedia

Entón porque non están preparadas, nalgúns casos por falta de preparación , descoñecemento ou sinxelamente desidia acerca dunhas pautas de control que supoñen uns custos, lixeiro, para as arcas municipais pero crean uns elementos de control e suxeición á xestión da administración. É evidente que a ninguén lle gusta que lle controles e menos aínda se supón un custo, aínda que sexa unha obrigación legal.

A falta de coñecemento do cidadán dos seus dereitos nalgúns casos tamén axuda. Coa entrada en vigor da lei as administracións locais que incumpran son susceptibles de reclamación dunha forma áxil e sinxela ante a axencia española de protección de datos e por iso susceptibles de ser expedientadas e se non hai máis remedio sancionadas e publicitada dita sanción.

O control dos administradores por parte dos administrados é esencial para que estes non obien os dereitos do cidadán, en materia de seguridade da información o cidadán ten unha poderaso ferramenta na Axencia de protección de datos que atraves do seu paxina web e os seus técnicos dá pé a defender uns dereitos de privacidade tan pouco valorados como importantes.
Este Setembro entrase en vigor a norma a ver con que celeridade ponse ao dia os nosos administradores máis próximos, os concellos.

A ver que pasa.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Arán Feijoo Covelo Consultor e RRPP. Nacido en 1978, en Vigo provincia de Pontevedra .Compaxina desde o ano 2009 labores como Auditor de Sistemas de Xestión para empresas e Institucións coa propias de Consultor empresarial en Procesos de Xestión da Calidade, o Medio e a Seguridade e saúde no traballo. LinkedIn