O incumprimento de contrato obriga a Educación resolver o acordo cunha empresa responsable de 29 comedores escolares

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, chamou á empresa Gescor en varias ocasións para que cumprise co esixido nos pregos de contratación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2018 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

Así o informou este venres a propia Consellería, que anunciou que a nova empresa comezará a prestar o servizo o luns --"aínda non se pode dicir cal é"--. "A día de hoxe, os comensais comerán con cargo ás provisións dos centros educativos", explicou.

Un menú servido nun comedor escolar
Un menú servido nun comedor escolar | Fonte: chage.org

En concreto, tal e como sinalou, a empresa Gescor xestionaba até o momento os comedores de 29 centros educativos, nos concellos de Carballo, Cerceda, Malpica, A Partoriza, A Pontenova, Sarria, Triacastela, Becerreá, Pedrafita, Monforte, Chantada, Lugo, Vilalba, Ribadavia, Arnoia, O Carballiño e O Barco; despois de gañar o concurso por presentar a mellor oferta.

Respecto diso, a Xunta explicou que os contratos subscritos coa empresa estaban, do mesmo xeito que os asinados coas restantes empresas que resultaron adxudicatarias na licitación dos distintos lotes agrupados de comedores escolares, no segundo ano de vixencia contractual.

No curso pasado, segundo indicou, detectáronse "varias incidencias leves", ás que "se deu resposta" dende a Consellería de Educación, a través da imposición de penalidades por importe de 17.000,07 euros. "En calquera caso as incidencias nunca afectaron á salubridade dos menús", asegurou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta