Santos carga contra a dirección de Podemos: "Discriminan aos inscritos galegos"

Asegura que a dirección estatal limita a participación ao esixir a verificación de identidade, algo que non recolle o regulamento das primarias.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/10/2018 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, cargou contra a dirección estatal de Podemos por "discriminar" aos inscritos galegos ao "pór máis requisitos" para participar no proceso interno no que o partido morado escollerá novos órganos de dirección e Secretaría Xeral.

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos
A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos

Santos ofreceu declaracións aos medios nos corredores do Parlamento de Galicia este luns. Alí, trasladou a "preocupación" da dirección galega --que apoia a santiaguesa Carolina Bescansa para liderar Podemos Galicia-- tras coñecer unha decisión que consideran "discriminatoria".

Así, segundo a secretaria xeral saínte, a dirección estatal que encabeza Pablo Iglesias fixou como requisito para participar e votar nas primarias galegas que os inscritos verificasen a súa identidade presentando o seu DNI. Santos asegura que a decisión vai en contra do aprobado "na marxe das súas competencias" pola dirección galega.

E é que o regulamento das primarias, no seu apartado de 'Censo de votantes', establece que "poderán votar na Asemblea Cidadá' as persoas inscritas en Podemos Galicia que o sexan desde dez días antes do comezo das votacións". O censo quedou pechado ás 00,00 horas deste luns 8 de outubro.

Carmen Santos remarcou que este requisito non foi esixido para votar nos recentes procesos internos celebrados nas comunidades de Madrid, Cataluña ou Cantabria. "Non é tolerable que o noso inscritos non poidan votar da mesma maneira e teñan máis requisitos que os inscritos cataláns ou madrileños", apostilou.

INSTA Á DIRECCIÓN A QUE RECTIFIQUE

Así as cousas, instou á dirección estatal a que "rectifique" porque entende que a decisión "non ten ningún tipo de xustificación", xa que non favorece a "participación" no proceso e invade as "competencias" da dirección galega.

"Quero pensar que é un erro e que se vai a arranxar", engadiu Carmen Santos, que descartou comentar se cre que a decisión se debe á entrada en escena de Carolina Bescansa, enfrontada ao líder morado, Pablo Iglesias. "Non entro niso. O que quero é defender os dereitos dos inscritos", apuntou.

A cúpula da organización galega avanzou que este martes (día no que se pecha o prazo de presentación de candidaturas) reunirase de urxencia para abordar a situación o Consello Cidadán Autonómico (CCA), máximo órgano de dirección do partido morado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Luteiro

Non me gusta Podemos, mais vai ser que desta volta ten razón Pabliño...é de sentido común.

4 sermos mantidos

Podemos afundindo a participación popular! Sendo así, o alcalde da Peroxa polo PP non poderá escoller entre a Bescansa e o Toné! Indignante! O caso da Lorena Ruiz-Huerta abandonando Podemos polo descafeinado do proxecto é unha tontería comparado con este gravisimo atentado contra a participación popular!

3 Marga

É inaudito e indignante! Agora para afiliarse e participar tes que dar o nome! Xa non podes ser un avatar! Ao final vai resultar que, se es do PP, xa non podes votar na web de Podemos!

2 anonimo

Pois o teu Secretario de Organización non opinaba o mesmo. Vese que dende la cadeira de mando, as veces, vénse garantías que logo, xa apeados dela trócanse en discriminacións. https://twitter.com/Podemos_Galicia...

1 Ferriño

OU sexa que pode votar quen queira sen identificar segundo Carmen Santos