Retoman a busca por mar e aire do mariñeiro do 'Sin Querer Dos'

Para o rastrexo aproveitáronse uns exercicios programados por Salvamento Marítimo. Os esforzos céntranse na liña de costa, dende Malpica ata Corcubión.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/12/2018 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

A busca por mar e aire de Guillermo Casais, o tripulante do 'Sin Querer II' que permanece desaparecido, renovouse este mércores aproveitando uns exercicios programados por Salvamento Marítimo. A procura comezou logo do afundimento do pesqueiro a 4,5 millas ao sur de Fisterra (A Coruña) na tarde do mércores 19.

O barco 'Sin Querer 2'
O barco 'Sin Querer 2' | Fonte: marinetraffic.com.

Segundo informa Salvamento Marítimo, en concreto, son os helicópteros ' Helimer 401' e ' Helimer 402' os que tratan de dar co mariñeiro desde o aire, así como o buque 'Don  Inda' polo mar.

O rastrexo, que se realiza aproveitando uns exercicio programados por Salvamento Marítimo, céntrase na liña de costa, desde Malpica ata Corcubión. Ademais, Salvamento Marítimo continúa instando os buques que naveguen pola zona a que extremen a vixilancia e que avisen en caso dalgún avistamento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta