Jorge Suárez asegura que non lle preocupan as escisións de Ferrol en Común

O alcalde mostra o seu respecto a Marea de Ferrol e Xuntos Actúa e sitúa o seu adversario na "dereita ultraconservadora".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2019 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), asegurou que a presentación doutras dúas candidaturas nas próximas eleccións municipais xurdidas das filas da súa propia formación, Ferrol en Común, non lle preocupan" e defendeu que o seu partido "non se moveu" do seu proxecto nin do seu programa, en resposta ás críticas recibidas.

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez.. EUROPA PRESS - Arquivo
O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Tras a confirmación da presentación ás municipais de Marea de Ferrol e de Xuntos Actúa, Jorge Suárez respondeu que "nunha democracia, todos os que o desexen poden presentar candidaturas".

"No noso caso particular non nos movemos do noso sitio, do noso proxecto, das nosas ideas e do noso programa", remarcou, e dixo que os seus adversarios son a "dereita ultraconservadora", ante o "grave retroceso democrático grazas ao pacto que acaban de asinar en Andalucía".

Así, Suárez incidiu en que o seu proxecto "segue sendo o mesmo de sempre, xa que Ferrol en Común continua tan vivo como en 2015, e incluso un pouco máis", sumando "máis inscritos que naquela época".

Jorge Suárez quixo saír ao paso das acusacións realizadas tanto desde Marea de Ferrol como desde Xuntos Actúa, formacións lideradas por Alexandre Carrodeguas e Carlos do Río, respectivamente, antigos colaboradores de Ferrol en Común e que apoiaron en 2015 a esta coalición de forzas, de non cumprir coas promesas electorais, como a de remunicipalizar servizos.

Respecto diso, Suárez trasladou que "é algo perfectamente respectable o que afirmen e digan", remarcando que non son os seus adversarios, xa que o seu "punto de mira" está "noutro lugar, como é facer o traballo no día a día e conseguir o mellor para a cidade de Ferrol".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta