Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2019 | Actualizada ás 18:14
A asemblea de Ferrol en Común aprobou o regulamento das primarias para elixir o seu cabeza de lista para as eleccións municipais do próximo mes de maio, posto ao que se presenta o actual rexedor ferrolán, Jorge Suárez.
O alcalde indicou que Ferrol en Común ten "un prazo amplo de tempo" que fixan ata o 12 de marzo para "establecer unha candidatura de consenso" na que, segundo Suárez, estará Podemos, que celebra esta semana as súas propias primarias para elixir os seus candidatos.
"Queremos facer unha candidatura ampla, onde todas as sensibilidades da esquerda se sentan representadas", apuntou o alcalde ferrolán, que confía en "poder continuar facendo un traballo que ten un respaldo social importante e darlle continuidade no tempo".
Jorge Suárez expresou que non dubida de que Podemos acabará integrándose na candidatura de Ferrol en Común.
"Desde logo que si, Podemos é unha parte importante e sustancia de Ferrol en Común, do mesmo xeito que Anova, Esquerda Unida e aquelas persoas que non teñen ningún tipo de adscrición partidaria dun proxecto que para nós segue tendo a mesma vixencia que sempre", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.