Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2019 | Actualizada ás 19:27
O avogado do maquinista do tren Alvia, Manuel Prieto, tachou de "impresentable" a intervención do exministro de Fomento José Blanco, ao que acusou de dar "prioridade á inauguración" da liña do tren sinistrado en Angrois (Santiago) por enriba da seguridade.
"Foron palabras dun miserable e indigno representante político", aseverou Prieto, quen defende a Francisco Garzón, o condutor que xunto ao exjefe de seguridade de Adif está investigado na causa polo accidente, ocorrido en xullo de 2013 e no que morreron 80 persoas e 144 resultaron feridas.
O letrado sinalou que "non esperaba que fose tan impresentable", ao lamentar que "insulta a unha eurodeputada que ten unha dignidade que el descoñece", por Ana Miranda (BNG), á que Blanco atribuíu "interpretacións torticeras".
En concreto, o representante legal de Garzón censurou as palabras que o exministro dedicou ao seu defendido durante a súa comparecencia. "Di que o maquinista dá prioridade a unha chamada en lugar de frear, seguramente quería dicir que el deu prioridade á inauguración en lugar da seguridade", sentenciou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.