Mariñeiros galegos e Goberno noruegués vense as caras no xulgado

A plataforma 'Long Hope' expón as súas reivindicacións na primeira xornada dun novo xuízo en Oslo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2019 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

Os exmarñeiros españois —na súa maioría galegos— que traballaron en buques noruegueses sen que este país lles recoñeza o dereito a unha pensión de xubilación expuxeron as súas reivindicacións este martes na primeira xornada dun novo xuízo en Oslo.

Exmarineros de Long Hope nun neuvo xuízo en Noruega. CEDIDA
Exmarineros de Long Hope nun neuvo xuízo en Noruega. CEDIDA | Fonte: Europa Press

O portavoz de 'Long Hope' —a plataforma que aglutina aos máis de 10.000 afectados que se estima están nesta situación—-, Alberto Paz, explicou que o avogado que os representa "expuxo a causa como se debía" entre as 9,00 e as 15,00 horas.

O caso quedará visto para sentenza o mércores, 13 de febreiro, tras as intervencións de testemuñas e a avogada que defende os intereses noruegueses fronte a estes antigos traballadores da mariña mercante que pagaron impostos no país nórdico sen recibir prestación a cambio.

Explica que este xuízo "é un banzo máis" ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo, xa que no caso de que non lle dean a razón recorrerán ao equivalente ao Tribunal Supremo de Noruega, último paso para esgotar a vía antes de poder ir a Estrasburgo.

"O destino deste barco sempre foi o Tribunal de Dereitos Humanos, non ten outro", deixa claro Alberto Paz. Neste sentido, quéixase de ter que recorrer aos tribunais ante a "ineficacia" dos gobernos noruegués e español para resolver unha situación que "require un arranxo político".

Desde 1948 está rexistrada documentalmente a presenza de mariñeiros galegos en buques de bandeira norueguesa e estímase que pagaron uns 520 millóns de euros en impostos ata 1994. Nos últimos anos este colectivo de persoas maiores leva celebradas decenas de manifestacións e protestas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta